Proposta de mellora enerxética nas viviendas galegas cun Renove de rehabilitación de fachadas que terá un orzamento de 400.000 euros e que entrará de cheo no sector do granito.
Consellería de Economía e Industria segue a fomentar o aforro e a eficiencia enerxética ao tempo que, neste caso, contribúe á dinamización comercial destes sectores.
Así, nos últimos cinco anos o Goberno galego ten destinado preto de 3,5 millóns ás industrias da lousa e do granito, a través do desenvolvemento de dous Renoves de lousa, a realización de accións encamiñadas á mellora competitiva e á innovación, ou a colaboración con clústers empresariais e centros tecnolóxicos, que realizan unha importante labor de I+D+i en materia de prevención de riscos laborais.