Programación do Concello de Monforte para este Nadal 2022-2023

  • A Concelleira de Cultura da a coñecer o programa do Nadal 2022-2023 do Concello de Monforte
  • Este ano destaca coma novidade un Concerto para bebés “Son de Berce”, de A Cova das Letras, que se celebrará o martes 27 decembro, con dúas sesións, ás 17:00 e 17:30 h, no Edificio Multiusos e para o que será necesaria inscrición previa
  • Tamén serán novidosas as actividades do Mercado de Nadal que acollerá a Praza de Abastos durante 3 fins de semana seguidas no mes de decembro
  • O programa inclúe tamén teatro a cargo de grupos afeccionados de Monforte, música e actividades para toda a familia

Foto de arquivo

 

A Concelleira de Cultura, Marina Doutón, deu a coñecer a Programación do Concello de Monforte para este Nadal 2022-2023, dentro da recuperación da normalidade, “como así fomos facendo ó longo de todo o ano co Entroido, coa Feira Medieval, co Festival do Viño ou coas Festas Patronais”.

Programación do Nadal 2022-2023

A actividade de Nadal iniciarase coa convocatoria do Concurso de Beléns para centros de ensino da cidade.

Os máis pequenos da casa poderán volver a participar un ano máis no xa tradicional certame de poesía infantil “Nadal 2022”, da Biblioteca Pública Municipal Poeta Lois Pereiro.

Durante 3 fins de semana, o protagonista na Praza de Abastos será o Mercado de Nadal-Circuítos de Artesanía e Música Galega. Así, desenvolverase as fins de semana do 10 e 11, 17 e 18, 23 e 24 de decembro de 2022. Nel, ademais do mercado tamén haberá diversas actividades culturais e musicais de entretemento co obxectivo de presentar unha oferta cultural, musical e gastronómica nun ambiente navideño. A programación específica do Mercado darase a coñecer nos vindeiros días.

Ó igual que nos últimos anos, terá lugar a montaxe na sala de exposicións da Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro dun Belén a cargo de J. Antonio Davila, que permanecerá exposto dende o 14 de decembro de 2022 ó 8 de xaneiro de 2023.

Da mesma maneira, como xa é tradición, a Asociación Albores é a encargada da decoración navideña do vestíbulo da Casa do Concello.

A 22ª Mostra de Panxoliñas para Centros de Ensino terá lugar o 15 decembro as 6 da tarde no Edificio Multiusos.

O tradicional Festival Nadal 2022, correrá como todos os anos a cargo do Conservatorio Municipal e celebrarase o 22 decembro ás 20:00 h no Edificio Multiusos.

O Concerto de Corais Nadal 2022 será o 23 decembro ás 20:00 h na Igrexa Nosa Señora da Antiga coa actuación da Coral Aurea Canta, de Ourense, e a Coral Polifónica Concello de Monforte.

O Apalpador visitará as rúas da cidade e a zona dos mercados-Praza de Abastos durante a mañá do sábado 24 de decembro.

Teatro e espectáculos para toda a familia

O teatro terá tres citas protagonistas, todas elas na Casa Cultura Poeta Lois Pereiro, e a cargp de grupos afeccionados de Monforte:

  • O crime de Lady Sibila” do grupo de teatro Teatreiras, o 10 de decembro ás 19:30 h.
  • Perfectos descoñecidos” do grupo de teatro Viraventos , o 17 de decembro ás 19:30 h.
  • E o 4 de xaneiro ás 20:00 h un monólogo con Tito Rober.

Especialmente dirixido a público infantil e familiar o programa de Nadal inclúe:

  • O espectáculo de maxiaAlquimia” do Mago Teto, o 4 decembro ás 18:00 h no Edificio Multiusos.
  • E o espectáculo familiarFilipa cos contos”con Fran Campos, o 4 xaneiro ás 18:00 h na Casa Cultura.
 Novidoso concerto para bebés

Como actividade novidosa, o Concello inclúe no programa deste ano un concerto para bebés titulado “Son no berce”, de A Cova das Letras, que se celebrará o 27 decembro, con dúas sesións, ás 17:00 e 17:30 h, no  Edificio Multiusos e para o que será necesaria inscrición previa.

Outros concertos incluídos para este Nadal serán:

  • O da Banda de Música de Chantada, o 26 decembro ás 20:00 h na Casa da Cultura.
  • E o de Camerata Arven e o Ballet de Galicia, con Diego Landín del Rio e Erick Pegueros Rodríguez, organizado pola Sociedade Filarmónica en colaboración co Concello de Monforte, para o 28 decembro ás 20:00 h na Casa da Cultura.
Cabalgata de Reis

Un dos días máis agardados será o xoves 5 de xaneiro, no que os Reis Magos de Oriente chegarán á estación de ferrocarril de Monforte sobre as 17:30 horas.

O desfile de Carrozas Reais e da súa comitiva comezará ás 18:30 horas dende a Praza da Estación ata chegar ó Concello, á praza Campo de San Antonio.

Un pouco máis tarde, ás 19:30 h.,  As Súas Maxestades lerán o seu discurso dende o balcón da Casa Consistorial e recibirán ós nenos e nenas en recepción oficial.

 

“Un ano máis”, concluíu Marina Doutón,

dende o Equipo de Goberno do Concello, ideamos un completo e variado programa de actividades de Nadal, co obxectivo de que os monfortinos e monfortinas  vivan con alegría e ilusión estas festas, e tamén para contribuír a dinamizar os nosos sectores produtivos, especialmente a hostalería, o comercio e o turismo

También te podría gustar...