Programa Vacacións en Paz 2015 no Barco
O Concello de O Barco de Valdeorras e a Asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharaui solicitan a participación das familias para a realización do Programa Vacacións en Paz 2015. Tratase do acollemento, por parte das familias, de nenas e nenos saharauis durante os meses de verán para promover a súa saúde e evitar as duras condicións de vida nun campamento que nos meses de xullo e agosto acada temperaturas de ata 50ºC
As familias interesadas poden porse en contacto coas oficinas municipais de Servicios sociais ou no teléfono 988320202