Programa Deportivo de Verán de Monforte: éxito da matrícula nas actividades

  • O Alcalde destaca o éxito da matrícula nas actividades do Programa Deportivo de Verán do Concello
  • José Tomé Roca destaca que “unha vez pechado o período de matrículas para as actividades do Campamento Deportivo, Campus de fútbol do Celta, e Cursos de tenis, para as que se ofertaron un total de 514 prazas, o balance de matriculas xestionadas dende o Concello foi de 438 o que supón o 85,21 % das prazas ofertadas.”
  • O rexedor monfortino tamén destacou que “quedan prazas libre na terceira quenda do Campamento deportivo de verán, a que vai do 1 ao 12 de agosto, e nas 3 quendas dos cursos de tenis, polo que todas aquelas persoas interesadas en matricularse nalgunha das prazas que quedan dispoñibles poderano facer a partir do luns 27 de xuño”
  • En canto ás actividades propostas na piscina climatizada municipal, ofertáronse un total de 300 prazas en cursos para os meses de xullo e agosto e a día de hoxe está aberto o prazo de matrícula

 

O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, fixo balance onte das matrículas efectuadas nas actividades do Programa Deportivo de Verán organizado polo Concello para este ano 2022.

Así, o rexedor monfortino destacou que “unha vez pechado o período de matrículas para as actividades do Campamento Deportivo, Campus de fútbol do Celta, e Cursos de tenis, para as que se ofertaron un total de  514 prazas, o balance de matriculas xestionadas dende o Concello foi de 438 o que supón o 85,21 % das prazas ofertadas.”

Polo tanto “isto supón todo un éxito de matrículas nas actividades que forman parte do noso Programa deportivo de verán, cumprindo así co obxectivo que nos marcábamos con este programa, o de facilitar a conciliación das familias no período de vacacións escolares, e, sobre todo, para que os nenos e nenas de Monforte poidan disfrutar das súas vacacións practicando as actividades que máis lles gustan”, salientou José Tomé.

O Alcalde tamén indicou que están pechadas a primeira e a segunda quendas do Campamento Deportivo de Verán así como o Campus de fútbol, pero aínda quedan prazas libre na terceira quenda do campamento deportivo de verán, a que vai do 1 ao 12 de agosto, e nas 3 quendas dos cursos de tenis.

Polo tanto, todas aquelas persoas interesadas en matricularse nalgunha das prazas que quedan dispoñibles poderano facer a partir do luns 27 de xuño acudindo á Oficina Municipal de Deportes nas “Casitas da Compañía” ou ben tramitando a matrícula a través do correo electrónico deporte.veran@concellodemonforte.com.

Toda a información das actividades así como os formularios de matrícula están dispoñibles na páxina web www.monfortedelemos.es na sección de deportes/actividades deportivas.

En canto ás actividades propostas na piscina climatizada municipal, ofertáronse un total de 300 prazas en cursos para os meses de xullo e agosto. A día de hoxe está aberto o prazo de matrícula, e todos os interesados, poden obter máis información na piscina climatizada municipal, no tfno.. 982402646 ou no correo electrónico piscina.monforte@tragsa.es

También te podría gustar...