Programa de concertos musicais das Festas Patronais 2022 de Monforte
- O Alcalde presenta o programa de concertos musicais das Festas Patronais 2022 de Monforte, que contará cun día máis de festas
- José Tomé Roca deu a coñecer o programa musical das Festas Patronais da cidade “que van recuperar a esencia que tiveron nos últimos 7 anos, con concertos masivos e gratuítos na explanada da Compañía”
- O día do Pregón será o mércores 10 de agosto e os concertos empezarán o día 11 e rematarán o día 16 de agosto, cun total de 7 días de festas
- La Oreja de Van Gogh, Edurne, Rosario, Ana Mena, Mago de Oz, Gin Toni`s e o grupo monfortino Malenne son as actuacións contratadas para as Festas Patronais de Monforte deste ano 2022
- As orquestras Finisterre, Panorama, Los Satélites, Los Player`s, Costa Dorada e Acordes completarán o cartel de actuacións musicais
- O rexedor monfortino manifestou que “estamos convencidos de que os concertos que temos programados van ser capaces de encher o recinto das Festas, debido á calidade das actuacións e tamén debido ó variado estilo musical dos concertos”
- “Con este cartel” subliñou o mandatario municipal, “estamos convencidos que van ser unhas boas Festas, nas que van participar masivamente os monfortinos, e tamén van atraer a visitantes, dado que hai música para todos os gustos e iso vai ser bo para a economía monfortina, especialmente para o comercio e para a hostalería”
O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, acompañado pola concelleira de Cultura, Marina Doutón, e a 1º Tenente de Alcalde, Gloria Prada, deu a coñecer hoxe mediante rolda de prensa o programa de Concertos Musicais das Festas Patronais 2022, que se van celebrar do 10 ó 16 de agosto.
“Por fin”, salientou o Alcalde, “despois de dous longos anos, en 2022 Monforte volverá a celebrar as súas Festas Patronais, dando un paso definitivo cara á normalidade que todos desexamos, tal como dixen, neste ano imos organizar todos os eventos con normalidade. Unhas Festas Patronais que van recuperar a esencia que tiveron nos últimos 7 anos, con concertos masivos e gratuítos na explanada da Compañía, porque xa temos ganas de vela chea de xente como antes da pandemia”.
Un día máis de Festas Patronais
O Alcalde, na súa intervención, aproveitou para confirmar o que xa anunciara hai un tempo, en relación coas Festas Patronais: “Para dar cumprimento ó meu compromiso cos monfortinos e coas monfortinas, este ano teremos un día máis de Festas Patronais pasando de 5 a 6 días. De tal xeito que o día do Pregón será o día 10 de agosto e os concertos empezarán o día 11 e rematarán o día 16 de agosto. En total serán 6 días de festa máis o Pregón, o que supón 7 días de Festas, porque como é habitual con este Goberno, o día do Pregón tamén haberá unha actuación musical na Praza de España”.
Deste xeito, o programa completo de actuacións musicais das Festas Patronais de Monforte deste ano 2022 son as seguintes:
Mércores 10 de agosto:
- PREGÓN
- Actuación musical na Praza de España, que se incluirá dentro das actividades do Verán Cultural.
Xoves 11 de agosto:
- Orquestra FINISTERRE: 22:30 a 00:00h / 03:00 a 04:30h.
- Orquestra PANORAMA: 00:00 a 03:00 h. (un único pase)
Venres 12 de agosto:
- LA OREJA DE VAN GOGH: 00:00 a 01:30 h.
- Orquestra LOS SATÉLITES: 23:00 a 00:00 h / 01:30 a 03:30 h.
Sábado 13 de agosto:
- EDURNE: 23:00 a 00:30 h.
- GIN TONI´S: 00:30 a 02:30 h.
- MALENNE: 02:45 a 04:00 h.
Domingo 14 de agosto:
- ROSARIO: 23:00 a 00:30 h.
- Orquestra LOS PLAYER`S: 00:30 a 02:00 h. / 02.30 a 04:00 h.
Luns 15 de agosto:
- ANA MENA: 00:30 a 02:00 h.
- Orquestra COSTA DORADA: 23:00 a 00:00 h / 02:00 a 04:00 h.
- Fogos artificiais de San Vicente: 00:00 a 00:30 h.
Martes 16 de agosto:
- MAGO DE OZ: 00:30 a 02:00 h.
- Orquestra ACORDES: 23:00 a 00:00 h / 02:00 a 04:00 h.
- Fogos artificiais do Río Cabe: 00:00 a 00:30 h.
Deste xeito, as actuacións musicais empezarán ás 11 da noite e rematarán ás 4 da madrugada.
O mandatario local manifestou que “estamos convencidos de que os concertos que temos programados van ser capaces de encher o recinto das Festas, debido á calidade das actuacións e tamén debido ó variado estilo musical dos concertos”.
Nova escenografía
Outra novidade que anunciou o Alcalde para as Festas Patronais deste ano, vai ser a produción. Deste xeito, o escenario vai ter unhas maiores dimensións, unha mellor sonoridade, e estará cuberto, o que vai permitir que aínda que chova algo, os concertos vanse celebrar igual.
En conxunto trátase dunha nova escenografía, que propiciará un aspecto visual moito mellor, o que leva consigo un incremento no custe da produción.
Fogos artificiais
Do mesmo xeito, o Alcalde tamén anunciou que as “Festas van contar cos Fogos de San Vicente na Torre da Homenaxe e tamén van contar cos Fogos do Río Cabe, tal e como se veñen disparando dende que os recuperamos en 2015”.
Do mesmo xeito, indicou que “o Programa Cultural do Verán e outras actuación ó longo do verán, darémolo a coñecer máis adiante, e nel van ter cabida os grupos e músicos monfortinos, para saír adiante xuntos e non deixar a ninguén atrás, así que os artistas monfortinos van ter cabida nas Festas e na programación do Verán Cultural”.
O Alcalde rematou salientando que “con este cartel, estamos convencidos que van ser unhas boas Festas, nas que van participar masivamente os monfortinos, e tamén van atraer a visitantes, dado que hai música para todos os gustos e iso vai ser bo para a economía monfortina, especialmente para o comercio e para a hostalería”.
Deste xeito, cumprimos coa palabra dada, como é habitual en todos os proxectos que anunciamos, e as Festas Patronais non poden ser menos