Programa de actividades da 52ª Edición da Feira do Viño do Ribeiro, con premio para os ‘selfies’

Cartel+FVR+medios+2015

 

Descargar programa de actividades da 52ª Edición da Feira do Viño de Ribeiro

A Feira do Viño do Ribeiro, que este ano alcanza a súa 52ª edición, terá lugar os vindeiros días 1, 2 e 3 de maio de 2015, no recinto da Alameda, en Ribadavia (Ourense), levará a cabo un concurso a través da súa páxina de Facebook na que se premiará aos tres “selfies” máis votados.

O procedemento será o seguinte:

As persoas interesadas terán que autorretratarse en Ribadavia con algún motivo que identifique ou o relacionen con que están na Feira do Viño do Ribeiro (copa ou botella de viño do Ribeiro, cartel, casetas, globo, castelo, showcooking, cata popular, globo, carreira popular, etc). Posteriormente, deberán realizar un post con esa foto na páxina de Facebook da Feira do Viño do Ribeiro (https://es-la.facebook.com/Feria.Vino.Ribeiro) e poderano compartir nos perfís ou páxinas onde eles queiran, co gallo de acadar o maior número posible de “Me gusta”.

Poderán colgar as fotos dende o venres día 1 de maio, ás 19.00 h, ata o domingo día 3 de maio, ás 22.00 h.  O prazo para votación pecharase o martes día 5 de maio, ás 10.00 h.

Os gañadores publicaranse a través da páxina oficial de Facebook da Feira do Viño do Ribeiro, e percibirán un lote de viño da Denominación de Orixe Ribeiro.

También te podría gustar...