Programa de actividades culturais de verán en Sober
- O Concello de Sober presenta un amplio programa de actividades culturais de verán con medidas anticovid
- Haberá un concerto de Luar na Lubre, a Feira Mostra do Viño de Amandi e tamén as Festas do Carme, entre outras moitas actividades
- O Goberno local delimitará os espazos para seguir os concertos nos que se controlará o aforo e os asistentes deberán estar sentados
O Concello de Sober fai pública a súa programación cultural para este verán, un amplo programa de actividades que seguirán de xeito estrito a normativa sanitaria anticovid en vigor.
Concertos, actuacións, a Feira Mostra do Viño de Amandi ou as Festas do Carme forman parte desa completa programación deseñada polo Goberno local que se estende entre o 30 de xullo e o 19 de setembro.
O calendario comeza o 30 de xullo na Praza do Toural co concerto de Galifunk (22:00 horas).
O 6 de agosto concerto de Xoán Curiel na Praza do Pulpo (22:00 horas).
O día 7 de agosto a Oficina de Turismo acollerá o acto de presentación do material arqueolóxico da escavación de Proendos (12:00 horas).
O 7 de agosto haberá n espectáculo de monicreques nas piscinas municipais, no marco do programa Falaredes, da Secretaría Xeral de Política Lingüística (19:00 horas).
Os días 11 e 12 de agosto celebrarase a Feira Mostra do Viño de Amandi, cuxo programa completo se dará a coñecer nos vindeiros días. Entre as actuacións confirmadas, a da Banda de Música de Sober e a de Xograres de Lemos.
O 18 de agosto haberá un concerto dos Gin Toni’s na Praza do Toural (22:00 horas) e o día 29 celebrarase a Noita á Luz da Lúa na Parroquia de Proendos, organizada polo Colado do Vento, que este ano contará coa actuación de Xabier Vizcaíno e Hérbedo.
O 21 de agosto actuará a Banda de Música de Muimenta na Praza do Toural (20:00 horas). A mesma praza acollerá o 28 de agosto o Baile á Luz da Lúa coa Banda de Música de Sober (22:00 horas).
O 17 de setembro, o grupo Luar na Lubre ofrecerá un concerto na Praza do Concello (22:30 horas).
O 18 e 19 de setembro celebraranse as Festas do Carme nas que haberá actividades principalmente para o público familiar e unha actuación da orquestra Los Satélites.
O Concello de Sober habilitará cadeiras para poder seguir as actuacións sentados e as zonas estarán delimitadas e haberá control de aforo garantindo que se cumpran as distancias de seguridade e todas as medidas sanitarias en vigor.