Programa completo do VI Entroido de Verán en Pobra de Trives

Entroido de Verán de 2013

Entroido de Verán de 2013

“A Caniceira” da Pobra de Trives organiza por sexto ano consecutivo o Entroido de Verán, dentro da VI Mostra de Patrimonio Inmaterial.

O Entroido terá lugar os días 8, 9 e 10 de agosto nas rúas da vila. As actividades previstas inclúen Cantos de taberna o venres, a partires das 8 da tarde, para comezar a festa.

Entroido de VeránO sábado á mañá, ás 11:00 h., abre o mercado de artesanía, que estará funcionando todo o día. Tamén pola mañá terá lugar unha ruta en bici que sae ás 11:00 h. da Praza do Reloxo. Pola tarde, o desfile de folións partirá ás 19:30 h. do campo da Barreira. Este mesmo día, ás 12:00 h. da noite actuará o grupo do Barco de Valdeorras “Los Correctos”, na Praza do Reloxo.

O domingo ás 11:00 h. da mañá abrirá de novo o mercado de artesanía. Inda pola mañá, organizaranse actividades para nenos, a partires das 12:00 h. na Praza do Pilón. Á tarde haberá unha actuación do Ximnasio Trivesport a partir das 18:30 h. na Praza do Reloxo. Na Praza do Pilón, ás 19:30 h. comezará a actuación da Banda de Gaitas “Os Trintas” de Trives, e unha hora despois, o grupo de cantareiras da Caniceira “As Macizas Centrais”.

As actividades da fin de semana pecharanse coa actuación do cantautor Javier Araújo ás 23:00 h. na praza do Dr. Paz, antiga praza da peixería, en pleno corazón da zona vella da vila. Durante a fin de semana entregaranse os premios do concurso organizado pola Caniceira “Balcóns de flores”. ç

Entroido de Verán

Entroido de Veránç 10564762_1458935314372946_1417041031_n
10555168_1458935317706279_1196220341_n

 

También te podría gustar...