Preto de 4.500 maiores de 65 anos teñen cita coa a vacinación fronte a gripe en Valdeorras e comarcas limítrofes
A campaña comezou o pasado 20 de octubre e extenderase ata o vindeiro día 20 de decembro como xa anunciabamos antes do comezo neste diario, e según os datos facilitados polo Sergas que se lle foron solicitados, na comarca de Valdeorras e comarcas limítrofes, estarán chamados a esta campaña de vacinación contra a gripe aredor de 4.500 maiores de 65 anos, colectivo que é o de prioridade nesta campaña que comeza tódolos años en otoño e remata xusto coa entrada do inverno.
É considerado o colectivo máis vulnerable co cal é dos colectivos denominados de ‘risco I’.
Pero non só os maiores están chamados a esta campaña de vacinacnión, senon otros colectivos, con independencia da súa edade, deberán de ir ós seus centros ambulatorios por esta campaña debido a actividade profesional que desenrolan.
Colectivos como empregados de residencias da terceira edade, corpos de seguridade do Estado, pesoala médico ou asistencial a domicilio, ou mesmos mulleres embarazadas, tamén inclúense nesta campaña.