Presentadas as bases para o concurso de carteis da ‘Bacofesta 2014’
Onte, a igual que fisera o concello de A Rúa co concurso do cartel das ‘Festas de Verán’, foron presentadas as bases para o concurso de carteis da ‘Bacofesta 2014’ que se vai celebrar neste municipio o vindeiro mes de agosto.
O requisito indispensable dos carteis que se presenten no concurso é que deberán axustarse a temas relacionados coa Bacofesta, o sexa, de temática romana, podendo presentarse calquera persoa con unha soa obra que deberá de ser contido completamente orixinal.
A fecha fixada como tope para presentar as obras ao concurso é a de o 28 deste mes de xullo.
As obras deberán presentarse en formato DIN A3 e deberán levar obligatoriamente inscrito o texto: ‘Bacofesta 2014 A Rúa’.
Podese descargar as bases completas do concurso no seguinte enlace: (Bases)