Presentación do proxecto ‘Granxa Escola de Armariz’

Deputación Ourense

 

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, e o xerente do Inorde, José Manuel Rodríguez, presentarán mañá martes, 30 de setembro, o proxecto “Granxa Escola de Armariz”, contemplado no Plan OURENSE 92.

Esta actuación inclúe a construción de novas instalación para traballos de xenética de razas autóctonas de porco celta, ovella galega, cabra e pita de Mos, ademáis da construción dunha área arbórea e hortas ecolóxicas, xunto coa reahabilitación da Casa Reitoral.

O acto de presentación terá lugar ao carón da Igrexa de San Cristovo de Armariz, Nogueira de Ramuín

También te podría gustar...