Presentación do making off do vídeoclip de Alejandro Sanz, gravado en Ourense
O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, e o produtor audiovisual José María Besteiro, presentaron hoxe o making off do último vídeoclip de Alejandro Sanz, gravado en Ourense. Nun acto que tivo lugar no Centro Cultural «Marcos Valcárcel», Baltar e Besteiro explicaron as anécdotas e curiosidades da rodaxe, que se desenvolveu no Mosteiro de Oseira e outras localizacións da provincia de Ourense.
Manuel Baltar dixo que en só 16 días dende a estrea do vídeoclip «persoas de 176 países buscaron en Google a palabra «Ourense» e o vídeo supera xa os dous millóns de visitas, o que amosa a importancia e o carácter internacional de Alejandro Sanz, un artista con 25 millóns de discos vendidos que é, sen dúbidas, un prescriptor de opinión». Baltar destacou a profesionalidade de José María Besteiro e do seu equipo «para levar a cabo un traballo audiovisual de alta calidade», e subliñou que as dúas revolucións máis importantes que se teñen producido no ámbito social e da comunicación foron a musical, no século XX, e a tecnolóxica, no século XXI, «ámbalas dúas unidas son imbatibles como vehículo promocional».
José María Besteiro dixo que todo este proxecto foi posible grazas a Manuel Baltar, e definiu ao presidente provincial como «un gran coñecedor dos ámbitos musical e tecnolóxico, que soubo valorar a impresionante repercusión que ten para a provincia de Ourense a realización desde vídeoclip, e por elo apostou por este proxecto dende o principio».