Presentación do libro ‘Os Bolechas van a Quiroga’ o vindeiro venres
O Concello de Quiroga ven de editar o libro “ Os Bolechas van a Quiroga”. A presentación desta obra de Pepe Carreiro editada na editorial Bolanda, terá lugar o vindeiro venres, día 19 ás 11:30 h, no Salón de actos da Casa da Cultura . A este acto asistirán autoridades locais e os alumnos e alumnas do CEIP de Quiroga, aos que o Concello agasallará cun exemplar da obra.
O obxectivo deste libro é, dar a coñecer o inmenso patrimonio artístico, paisaxístico, etnográfico e cultural que agocha o noso municipio a través das aventuras dos supercoñecidos e famosos personaxes dos Bolechas en Quiroga. Os protagonistas desta hitoria visitan os principais puntos de interés turístico do concello coma por exemplo o Castelo dos Novaes, a Igrexa da Ermida e a de Hospital, Montefurado, Mina romana de Margaride, o Pregamento de Campodola, a Lagoa de Lucenza, etc. Presentando ao lector os importantes recursos turísticos cos que conta esta Comarca.
O libro poderá adquirirse, a partir da data de presentación, nas librerías da vila que estean interesadas en poñelos á venda e tamén no Museo Etnográfico e no Museo Xeolóxico.