Presentación do libro ‘Nós outras’
- Sober acolle mañá martes a presentación do libro de Marica Campo
Mañá martes día 1 de xuño Marica Campo visitará Sober para falar do seu libro nós outras. É un obra de poesía infantil complementada con ilustracións da artista plástica Menchu Lamas.
Nós outras vertébrase ao redor de valores como a diversidade, a inclusión e a liberdade.
Marica Campo é unha das autoras máis destacadas da Literatura galega. Abordou os xéneros narrativo, poético, teatral e xornalístico. Foi tamén tradutora e participante en numerosas obras colectivas. Desenvolveu a súa traxectoria profesional na provincia de Lugo, onde exerceu como docente no ensino secundario. Recibiu numerosos e premios e distincións.
A obra vén de ser elixida como a mellor edición do ano 2020 no panorama editorial galego: Premio Follas Novas do Libro Galego.
En palabras da editora: “nós outras propón unha viaxe excepcional e fermosísima pola diversidade do mundo e a igualdade do ser humano.”
No acto participará tamén Antón Lopo, autor, xornalista, e unha das figuras promotoras do proxecto Chan da Pólvora que aposta polos discursos periféricos e diversos, especialmente no eido poético.
A presentación será ás 19:30h no auditorio do Centro Sociocultural de Sober.