Presentación da 9ª edición do Festival “Rebulir”
Na Sala de Xuntas do Pazo Provincial terá lugar a presentación a 9ª edición do Festival internacional de música étnica e tradicional “Rebulir”. O acto contará coa presenza do vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; da alcaldesa de Ramirás, Pilar López; do delegado da Xunta en Ourense, Rogelio Martínez, e do director artístico do festival, Alexandre Sotelino.
Esta presentación terá lugar ás 12:00h.