Premios Cata Patrimonio: valor dos viños da Ribeira Sacra

  • O Alcalde fixo entrega dos premios Cata Patrimonio, que recoñece o valor dos viños da Ribeira Sacra

 

O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, entregou onte no Centro do Viño da Ribeira Sacra os premios correspondentes á Cata Patrimonio 2022, logo de que esta cata se celebrara o pasado 26 de marzo.

O rexedor monfortino resaltou o valor do traballo dos adegueiros da Ribeira Sacra, recoñecéndoos como “os auténticos artífices que fan que hoxe os viños desta denominación teñan o recoñecemento e o éxito que teñen”.

A mecánica deste evento, no que colaborou o Concello de Monforte, consistiu nunha cata a cegas, onde un xurado conformado por enólogos de bodegas da zona, membros da Asociación Galega de Enólogos e prensa especializada degustaron distintas elaboracións dos viños presentados.

Na cata participaron 120 mostras de viño de máis de 50 adegueiros desta denominación de orixe, que supón máis do 90% das adegas da zona.

O Alcalde subliñou que gracias a eventos como este cumprimos un dobre obxectivo, “promover a Ribeira Sacra e impulsar o traballo e o esforzo das adegas pertencentes a ela, así como a posta en valor da calidade dos nosos viños”. Por iso, José Tomé agradeceu ós organizadores e participantes a recuperación desta Cata Patrimonio e animounos a seguir adiante con iniciativas deste tipo.

Finalmente, antes da entrega dos premios ás adegas gañadoras, o Alcalde tamén anunciou que o Concello xa está a traballar intensamente na organización dunha nova edición do Festival do Viño da Ribeira Sacra, que se celebrará en Monforte a primeira fin de semana de xullo, dentro do calendario de actividades anual que o Concello recupera tras a incidencia da pandemia.

 

Viños premiados

Brancos Gran Patrimonio

  1. Tear D. Nilo (Adega Tear)
  2. Condado de Sequeiras Blanco (Adega Condado de Sequeiras)

Brancos Patrimonio

  1. As Glorias (Adegas Amedo)
  2. Peza do Rei Blanco (Adega Cachín)

Rosados Gran Patrimonio

  1. Emma (Adega Tear)

Rosados Patrimonio

  1. Abadía da Cova (Adegas Moure)
  2. Prómine (Adegas Petrón)

Tintos Gran Patrimonio

  1. Cividade Edición Limitada (Adegas Verao)
  2. Cruceiro (Adega Cruceiro)

Tintos Patrimonio

  1. Marcelino I (Adega Marcelino)
  2. Adega Vella Black (Adega Vella)
  3. Prómine (Adegas Petrón)
  4. Abadía da Cova (Adegas Moure)

Tintos Barrica Gran Patrimonio

  1. Os Conventos (Tolo do Xisto)

Tintos Barrica Patrimonio

  1. Don Bernardino Finca Mezquita (Adegas Don Bernardino)
  2. Algueira Fincas (Adega Algueira)

También te podría gustar...