Premiados no concurso de poesía de Bóveda homenaxe a Florencio Delgado Gurriarán
- O Concello de Bóveda fixo públicos os premiados no concurso de poesía homenaxe a Florencio Delgado Gurriarán
- II Concurso de Poesía do Concello de Bóveda
Tras a reunión do xurado, o Concello de Bóveda fixo públicos os premiados e premiadas no II Concurso de Poesía homenaxe a Florencio Delgado Gurriarán.
Foron os que seguen:
1ª Premio categoría de adultos: Roberto López Veiga, pseudónimo Kerkus co poema ‘Quedamos sen moscas’.
2º Premio categoría de adultos: Xosé Casar, pseudónimo Debrisa co poema ‘Ao Volver’.
Premio categoría Infantil A: Alba López Rubio, pseudónimo A muiñeiriña co poema ‘O corzo da Serra de Penas’.
Premio categoría Infantil B: queda deserto por non presentarse ninguén nesta categoría.
Premio categoría Infantil C: Laura Gómez Grande, pseudónimo A dama das letras co poema ‘A miña terra’.
O xurado tamén decide facer unha selección de poemas de maior calidade, como recolle a base n.º 10, non premiados, para unha posterior edición ou publicación dos seguintes poemas:
Categoría Infantil A:
Manuel Martínez Longueira co poema ‘A natureza’, Martín Hernández Vidal co poema ‘A terra’, Gonzalo Martín Pinto dos Santos co poema ‘A natureza’, Carlota López López co poema ‘A horta’, Iris Arias Rodríguez co poema ‘As caídas no bosque’, Manu García Castro co poema ‘As árbores’.
Categoría Adultos: David José López López pesudónimo Kveldulf co poema ‘Soa’ e M.ª Luz Díaz Grandas pseudónimo Rosa del Alba co poema ‘Noite enmeigada’.
O xurado deste certame estivo formado por:
Noa Moreira García, escritora.
Mónica Sánchez Rodríguez, escritora.
Mª del Rocío Rodríguez López, editora e libreira.
Cristina Juíz López, concelleira de Cultura.
A concelleira de Cultura, Cristina Juíz, agradécelle ás tres integrantes do xurado, destacadas personalidades no campo das letras e a cultura, a súa participación desinteresada neste certame, o seu esforzo e dedicación valorando todos os traballos para emitir o seu fallo.
Grazas tamén a todos e todas os que participaron neste certame, en especial ao CEIP Rosalía de Castro e á Residencia para persoas con Diversidade Funcional Domus Vi.
Os gañadores e gañadoras recibirán os seus diplomas e un premio dun lote de libros de diferentes importes en datas próximas. Os seus traballos tamén serán publicados no Facebook do Concello de Bóveda.
Noraboa a todos e todas e grazas por participar