Premiada a Federación ANARAL polo seu proxecto “Servizo Integral de Apoio ás Persoas Maiores do Rural»

  • CENOR ELECTRODOMESTICOS concedéronlle á Federación de Asociacións de Mulleres ANARAL o 3º Premio Solidario polo seu proxecto “Servizo Integral de Apoio ás Persoas Maiores do Rural”
Xunta Directiva da Federación Anaral

Xunta Directiva da Federación Anaral

 

A Federación está integrada polas Asociacións de Mulleres Anel (de San Xoán de Río), Arandeira (de A Pobra de Trives) e Algueirada (de Manzaneda). Estas asociacións caracterízanse por traballar en entornos rurais moi envellecidos, onde a dispersión xeográfica e o despoboamento son una realidade, así como a escaseza de recursos dispoñibles na zona para este colectivo, sendo insuficientes para atender as súas demandas.

Os servizos de que dispoñen as persoas maiores neste entorno céntranse na atención, pero desde a Federación Anaral entenden que tamén é esencial a prevención e a promoción da autonomía persoal para este colectivo.

O proxecto da Federación Anaral premiado por CENOR resulta fundamental para as persoas maiores, xa que aproxímalles unha serie de servizos aos seus domicilios e entornos.

O obxectivo xeral deste proxecto céntrase na atención integral ás persoas maiores, a nivel físico, funcional, relacional e cognitivo.

Desde Anaral están «moi ilusionadas con este recoñecemento».

También te podría gustar...