Preestreo en A Rúa de “Os Fillos da Vide”, un documental de 70 minutos que retrata a vendima en Valdeorras
- A autora é Ana Domínguez e iniciou a rodaxe no 2009, sete anos dun traballo que verá a luz o venres
O venres, 23 de decembro, ás 20,30 horas no Cine Avenida de A Rúa, levarase a cabo a preestrea (working progress) da película de Ana Domínguez Díaz, Os Fillos da Vide, un documental sobre o cultivo da vide e a vendima en Valdeorras.
O documental, de 70 minutos de duración, contou ca participación das veciñas e veciños de A Rúa, Fontei, O Barco e Vilamartín, entre outras localidades da comarca.
A proxección será gratuita, e o remate da mesma ofrecerase un viño obsequio da Bodega Cooperativa Virxen das Viñas.
Os Fillos da Vide é unha viaxe a través das experiencias, as emocións, o sensorial e o perceptivo, onde a terra é inspiración, motor de vida e a vendimia unha celebración do popular e o ancestral.
Ana María Domínguez, que é de A Rúa, relata que escomenzou a grabar o documental no ano 2009 e qué un preestreo porque “aínda non está rematada. Fáltalle detalles de postproducción. É unha obra en curso”.
Conta que a idea xurde da sua propia vivencia persoal da vendimia pois “teño moitos recordos de cando era nena e se facían as vendimias. De feito eu participei nelas. Era algo auténtico, era un traballo en equipo e tamén toda unha festa, un encontro entre familias e persoas que, sentábanse xuntas a comer, a vivían xuntos, aínda que este sentido de pertenencia a un grupo foise perdendo”. Cita como curiosidade que “houbo un tempo que durante os meses de xuño e xullo producíase un incremento na natalidad, xustamente nove meses logo da última vendimia”.
Ademais, esgrime que a viña e o eixe do que parte o documental e a vendimia queda retratada nas catro estacións de primavera, outono, inverno en verán.
O equipo técnico está formado pola autora, Ana Domínguez, á cabeza do guión, producción e dirección; imaxe e son, Ángel Rueda Montalvo; edición e montaxe, Ana Domínguez e Ángel Rueda Montalvo; música orixinal, Lucìa Rolle Boado; Postproducción de son, Francisco Lariño Chapela; vestiario, Hortensia Díaz Prada, María Fandiño; Estilismo, Julys; e deseño gráfico, Lucìa Rolle Boado.
O preestreo en A Rúa convertirase nun punto de encontro de persoas vinculadas ó mundo do viño, viticultores e representantes de Concellos para coñecer a vendima dende o prisma da autora do documental.