Prada, en A Veiga, terá una industria de extracción e envasado de mel e derivados

  • O CONCELLO DA VEIGA ASINA COA CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL UN CONVENIO PARA A POSTA EN FUNCIONAMENTO DUNHA INDUSTRIA DE EXTRACCIÓN E ENVASADO DE MEL E OS SEUS DERIVADOS, EN PRADA
  • CUN ORZAMENTO DE MÁIS DE 135.000,00€, O CONCELLO ACONDICIONARÁ E EQUIPARÁ UNHA EDIFICACIÓN EN PRADA, PARA O USO COMO PRANTA DE EXTRACCIÓN E ENVASADO DE MEL
  • A CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL A TRAVÉS DA DIRECCIÓN XERAL DE GANDARÍA, AGRICULTURA E INDUSTRIAS AGROALIMENTARIAS,
    SUBVENCIONA O PROXECTO CUN IMPORTE DE 60.000,00€
  • A MAQUINARIA INCLUÍDA NO PROXECTO ASCENDE A CASE 50.000,00€, SUBVENCIONADA CON 40.000,00€ POLA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE OURENSE
Convenio Xunta

Convenio Xunta

 

Firma Convenio Xunta

Firma Convenio Xunta

 

A Veiga ten na apicultura, unha actividade fundamental de producción primaria con venda sobre todo a nivel local. Existe un amplo sector de poboación que se adica á apicultura, de xeito artesanal, disperso e sen dispor de maquinaria precisa para a súa transformación final. Na actualidade conta con 111 explotacións apícolas, mais de 3.000 colmeas.

O concello dispón dun local cedido no núcleo de Prada (A Veiga), que será rehabilitado e adaptado para o uso como industria apícola.

Con este proxecto pretende dotar aos apicultores da municipio da industria necesaria para a transformación final e a súa comercialización baixo un selo de calidade diferenciada. Esto pasa por conseguir os seguintes obxectivos:
– Xerar emprego local.
– Crear unha marca diferenciada.
– Obter maior beneficio económico e rendabilidade do producto.
– Dotar á actividade apícola local dunhas instalacións propias e modernas que
cumpran as condicións hixiénico-sanitarias e normativas.
– Fomento do asociacionismo local.

Edificación en Prada

Edificación en Prada

O obxectivo principal é apoiar aos apicultores poñendo á súa disposición as instalacións, optimizando deste xeito os custos de produción e fomentando a estrutura cooperativa no sector apícola.

O custo tan elevado que teñen algunha das máquinas proxectadas, fai que practicamente ningún apicultor poida adquirilas. Os apicultores que de xeito artesanal se adican a esta actividade, non dispoñen da maioría da maquinaria precisa.

Con estas instalacións mellorarán a calidade dos seus produtos, a explotación e venda dos mesmos e a elaboración dalgúns deles, que ata o de agora non podían producir.

Destacar como unha das liñas principais que se plantexan dende o concello, o desenvolvemento do territorio rural, ademáis de mellorar as condicións de vida e evitar o despoboamento.

Precísanse actuacións de diferente natureza que teñan incidencia sobre o emprego e a renda da zona rural e que, en definitiva, contribúan á diversificación económica e á modernización e posta en valor dos propios recursos. 

O proxecto posto en marcha de “Creación e Posta en funcionamento dunha industria de extracción e envasado de mel e os seus derivados no Lugar de Prada, Concello da Veiga”, que está cofinanciado pola Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, a Deputación Provincial de Ourense e o Concello da Veiga, deberá estar rematado antes de final de ano.

Edificación en Prada

Edificación en Prada

 

También te podría gustar...