Por un gran pacto en prol do ‘Termalismo’
- Baltar propón un gran «pacto termal nacional» para promocionar o termalismo español no mercado mundial
- O presidente da Deputación de Ourense destacou onte en Madrid, na presentación do estudo sobre «Turismo Termal», «as potencialidades sociais e económicas que ten o termalismo «situando a Ourense como a provincia protagonista do turismo termal de España»
- Manuel Baltar remarcou o auxe do termalismo, «que é unha panca de desenvolvemento en Ourense, capital da eurorrexión Galicia-Norte de Portugal», subliñando como exemplo a ocupación do 100 % das prazas termais que se produciu na pasada Semana Santa na provincia ourensá
- Mario Crecente, director do estudio nacional, é o redactor do Plan Termal Provincial, promovido pola Deputación, ente que realiza iniciativas como a de «Termalismo Social»; a construción de infraestruturas termais, e programas para pór en valor as propiedades terapéuticas das augas mineiro-medicinais e as actividades socio-culturais que fan nas instalacións termais da provincia de Ourense
- A investigación e a docencia, por medio do Campus da Auga, e o impulso do «Termalismo Deportivo», coa presenza de seleccións internacionais en instalacións termais ourensás, son outros factores que «crean marca Ourense» e diversifican a oferta do termalismo da provincia de Ourense
O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, propuxo onte en Madrid, na presentación do estudo sobre «Turismo Termal en España» «levar a cabo un gran «pacto termal nacional» para promocionar o termalismo español no mercado mundial». O presidente do goberno provincial destacou «as potencialidades e singularidades sociais e económicas que ten o termalismo «situando a Ourense como a provincia protagonista do turismo termal de España e un referente no turismo de ocio e saúde en Europa».
Manuel Baltar remarcou o auxe do termalismo, «que é unha panca de desenvolvemento en Ourense, capital da eurorrexión Galicia-Norte de Portugal», subliñando como exemplo «a ocupación do 100 % das prazas en establecementos termais que se produciu na pasada Semana Santa na provincia ourensá».
Precisamente, Mario Crecente, director do estudio nacional, é o redactor do Plan Termal Provincial, promovido pola Deputación de Ourense, que realiza iniciativas como a de «Termalismo Social», coa aplicación da administración electrónica como innovación, un éxito nacional da man do convenio entre Deputación de Ourense e Ministerio de Fomento a través de Renfe.
A isto únense, segundo Manuel Baltar, a construción de infraestruturas termais; programas para pór en valor as propiedades terapéuticas das augas mineiro-medicinais; as actividades socio-culturais que se realizan nas instalacións termais da provincia de Ourense; a investigación e a docencia por medio do Campus da Auga, «con retos e obxectivos compartidos polo goberno provincial e a Universidade de Vigo», e tamén o impulso do «Termalismo Deportivo», coa presenza de seleccións internacionais en instalacións termais ourensás. «Todo elo constitúen factores que visibilizan a marca Ourense e diversifican a oferta do termalismo da provincia de Ourense, propostas ás que agora se incorporan a piscina termal flotante de Laias e a viño-terapia en Leiro, innovacións para os novos tempos do noso termalismo», dixo Manuel Baltar.
O acto de presentación do estudo, a cargo do Ministerio de Industria e coa colaboración da Deputación de Ourense, tivo lugar hoxe na Casa de Galicia, en Madrid, e contou ademais coa participación do director xeral da Escola de Organización Industrial (EOI), Fernando Bayón; o director xeral de «Vuelta a España», Javier Guillén, e o director da Casa de Galicia en Madrid, José Ramón Ónega.
Fernando Bayón destacou «a alianza estratéxica entre a EOI e a Deputación de Ourense para impulsar proxectos que aplican a innovación en ámbitos como o termalismo ou o fomento do emprego», e subliñou «o traballo planificado e a visión integral de provincia de Manuel Baltar para desenvolver iniciativas que achegan valor promocional e económico ao territorio ourensán».
Pola súa banda, Javier Guillén remarcou o protagonismo que este ano ten a provincia de Ourense «unha edición 71ª na que cobra unha especial relevancia o termalismo, pois, ademais da denominación da proba como «Ourense Termal-Madrid», será en contornas termais onde teña lugar a saída e onde se disputen as primeiras etapas, concretamente catro, na provincia de Ourense».
O estudo «Turismo Termal en España» é un traballo de investigación impulsado pola Escola de Organización Industrial e cofinanciado polo Fondo Social Europeo e Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo. O obxectivo do estudo é potenciar o subsector do turismo termal en España a través da identificación de novas oportunidades de negocio e a configuración dunha oferta turística novidosa e innovadora que axude a diversificar un sector maduro como é o do turismo.
Neste marco, o experto en turismo termal, Mario Crecente e seu equipo levaron a cabo unha análise do sector, identificando as necesidades en materia de investigación, innovación, capacitación e formación, co fin de mellorar a adaptación do sector termal ás novas tendencias do mercado nacional e internacional e contribuír así á mellora da competitividade do sector turístico español.