Polo Nadal, artesanía galega
- A Xunta anima a agasallar Artesanía de Galicia este Nadal e destaca a calidade e a diversidade do sector
- A directora xeral de Comercio, Sol Vázquez Abeal, subliña a aposta polo comercio de proximidade en datas que supoñen un importante impulso ao sector
A directora xeral de Comercio, Sol Vázquez Abeal, animou a agasallar produtos de Artesanía de Galicia este Nadal, subliñando a calidade e a diversidade do sector artesán galego.
A directora xeral de Comercio sinalou que os novos establecementos de artesanía son un exemplo de como o comercio de proximidade contribúe á dinamización das rúas das vilas e cidades galegas, e de como a innovación é clave para impulsar a competitividade do comercio tradicional, achegando novos servizos aos clientes.