Como xa adelantábamos neste diario hoxe pola mañá, presentouse no Barco as actividades da Semana Europea da Mobilidade, na que unha das actividades centráis é a denominada ‘Polo Barco Camiñando‘.
Se trata dunha proposta de oito rutas que proponse aos veciños da localidade para percorrer a vila, al menos nesta semana, e convencer á ciudadanía da conveniencia de abandoar o emprego dos vehículos e que troquen o seus usos por otros como a bicicleta ou mesmo camiñar.
Búscase mellorar a Xestión da Mobilidade con esta proposta denominada ‘Polo Barco Camiñando’, coa creación duns plans de mobilidade cidadá a pé e en bicicleta entre todalas zoas do concello e do hospital, os colexios e o Concello. Unificar en oito rutas que indicamos a continuación e que unen puntos estratéxicos da vila.
Poranse ao longo do barco, placas de metal coas rutas dibuxadas para facilitar a marcha da xente.
Na presentación o alcalde do Barco, Alfredo García, acompañado do concelleiro de Medio Ambiente, Aurentino Alonso, fixeron fincapé no incremento de usuarios (máis dun 10% no derradeiro ano) no servizo posto polo concello de préstamos de bicicletas.