“Poeta en Nova York” no Multiusos de Monforte
- Da compañía Teatro baixo da area
- O Concello de Monforte continúa co seu ciclo de teatro, e programa para este xoves 17 de decembro unha obra dirixida a público adulto no Edificio Multiusos a partir das 20.15 h, dentro do ciclo “Seráns Teatrais” organizado pola Área de Cultura, Patrimonio Histórico Artístico e Normalización Lingüística da Deputación de Lugo
- O aforo máximo será de 30 persoas, debido a que a montaxe da propia obra así o determina. A entrada é gratuíta e o acceso ó salón de actos por parte do público realizarase media hora antes do comezo da obra
- Todos os asistentes deberán seguir as indicacións do protocolo específico de seguridade e hixiene ante o Covid-19 co que conta o Concello para as representacións teatrais no Multiusos
O ciclo de teatro do Concello de Monforte previsto para o último trimestre do ano 2020 continúa adiante, seguindo as medidas de seguridade e hixiene determinadas polas autoridades sanitarias ante o Covid-19 para a realización deste tipo de actividades.
Deste xeito, dentro do ciclo “Seráns Teatrais” organizado pola Área de Cultura, Patrimonio Histórico Artístico e Normalización Lingüística da Deputación de Lugo, este xoves 17 de decembro ás 20:15 no Edificio Multiusos terá lugar a posta en escena da obra Poeta en Nova York, da compañía Teatro baixo da area, obra dirixida por Paloma Lugilde e interpretada por Paloma Lugilde, Raquel Velasco e Miguel Torres.
A entrada é gratuíta e o acceso ó salón de actos por parte do público realizarase media hora antes do comezo da obra.
O aforo máximo será de 30 persoas, debido a que a montaxe da propia así o determina.
Sinopse
A adaptación teatral de Poeta en Nova York de Federico García Lorca, obra de irremediable actualidade e abordada dende conceptos pouco habituais: o dó como forza motriz a través do trato coa morte (tema ritual do poemario) ou a crise do desexo.
Por iso, a experimentación terá un gran peso na representación, materializándose nun espazo escénico contemporáneo no que a honestidade esterá presente, espazo creado pola directora e dramaturga Paloma Lugilde.
A seguinte obra de teatro que se representará en Monforte será Hotel Desencanto, da Compañía Hipócrita Teatro, que terá lugar o sábado 19 de decembro, ás 20 horas, na Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro. Esta obra dentro enmárcase dentro do programa Circuíto Teatro Afeccionado-Ciclo Argalladas, que organiza o Concello en colaboración coa Deputación de Lugo- Vicepresidencia, e a entrada é gratuíta.
Protocolo ante o Covid-19
Para o desenvolvemento deste ciclo de teatro que abranguerá de outubro a decembro do presente ano, o Concello de Monforte contará con medidas de seguridade e protección ante o Covid-19:
- Por mor da escenografía desta obra só se permitirá a entrada a un máximo de 30 persoas.
- A venda de entradas farase dende unha hora antes da actuación.
- A entrada ó salón de actos realizarase dende trinta minutos antes do comezo da obra.
- Será obrigatorio o uso de máscaras de protección e a utilización da solución hidroalcohólica para as mans.
- Gardarase a distancia social de seguridade.
- Non se tomará asento ata que o acomodador lle indique o seu sitio.