Plan organizativo do Festival do Viño da Ribeira Sacra de Monforte

  • O Alcalde reúnese coas adegas
  • Representantes das 27 adegas participantes na cuarta edición do Festival do Viño da Ribeira Sacra de Monforte xuntáronse con José Tomé Roca no Salón de plenos da Casa Consistorial para coñecer os detalles organizativos do certame
  • O Alcalde agradeceu ós adegueiros e adegueiras o seu compromiso e o interese en participar neste certame
  • Na reunión, tamén se procedeu ó sorteo das ubicacións dos stands de cada adega dentro do espazo do Malecón en que se ubica o Festival
  • Os adegueiros amosaron a súa satisfacción pola volta do Festival do Viño, tras dous anos de ausencia obrigada, e agradeceron ó Concello o interese e esforzo para volver a organizar e celebrar un certame do que agardan atraia a milleiros de persoas a Monforte durante a primeira fin de semana de xullo

 

O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, reuniuse na tarde de onte con representantes das 27 adegas que protagonizará do 1 ó 3 de xullo a cuarta edición do Festival do Viño da Ribeira Sacra de Monforte.

O encontro levouse a cabo no salón de plenos da Casa do Concello de Monforte, e serviu para que o Alcalde lles explicara os aspectos organizativos e técnicos en relación coa montaxe do espazo expositivo, que como en pasadas edicións, ubicarase no Paseo do Malecón beira do río Cabe.

Así o rexedor monfortino deulles a coñecer o deseño do stand que cada adega ocupará no certame, así como o deseño das zonas comúns, e especialmente a zona de catas que se inclúe este ano no certame, para a novidosa celebración do obradoiro de catas para adulto, que por rimeira vez se fará neste Festival.

O Alcalde tamén anunciou que o Paseo do Malecón permanecerá cortado dende o luns 27 de xuño a primeira hora da mañá, para proceder á montaxe do Festival do Viño.

 

Sorteo de ubicacións dos stans das adegas

O encontro cos adegueiros e adegueiras participantes no Festival do Viño da Ribeira Sacra de Monforte 2022 serviu tamén para levar a cabo o sorteo público da ubicación do stand de cada adega no Festival, sorteo que se levou a cabo mediante a extración do nome de cada adega dunha caixa habilitada para a ocasión.

Deste xeito, a orde foi a seguinte:

 

  1. Don Cosme
  2. Santa Mª de Nogueira
  3. Pilares de Belesar
  4. Condado de Sequeiras
  5. Malcavada
  6. Guímaro
  7. Tear
  8. Don Bernandino
  9. Peza do Rei
  10. Val da Lenda
  11. Rectoral de Gundivós
  12. Petrón
  13. Alma das Donas
  14. Abadía da Cova
  15. Rectoral de Amandi
  16. Gullufre
  17. Cruceiro
  18. Adega Vella
  19. Viña Vella
  20. Ciudáseis
  21. Lucenza
  22. Finca Cuarta
  23. Ponte da Boga
  24. Finca Millara
  25. Proencia
  26. Cividade
  27. Algueira

 

O Alcalde agradeceu ós adegueiros e adegueiras o seu compromiso e o interese en participar neste certame.

Pola súa banda, os adegueiros amosaron a súa satisfacción pola volta do Festival do Viño, tras dous anos de ausencia obrigada, e agradeceron ó Concello o interese e esforzo para volver a organizar e celebrar un certame do que agardan atraia a milleiros de persoas a Monforte durante a primeira fin de semana de xullo.

También te podría gustar...