Plan Educou 2016: máis de 600.000 euros en obras para centros educativos de 35 concellos da provincia

  • Manuel Baltar e a delegada territorial da Xunta de Galicia, Marisol Díaz Mouteira, acordaron onte estas melloras, que se levarán a cabo no marco do Plan Educou 2016
  • Deputación de Ourense e Xunta investirán máis de 600.000 euros

0 0 MB e MDM mar16

 

A Deputación de Ourense e a Xunta de Galicia destinarán máis de 600.000 euros para a realización de obras de mellora e acondicionamento en centros educativos de 35 concellos da provincia de Ourense. Así o acordaron onte o presidente do goberno provincial, Manuel Baltar, e a delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, na reunión que mantiveron no Pazo Provincial.

As actuacións de infraestruturas educativas realizaranse no marco do 2º Plan Educou, correspondente ao ano 2016, e a iniciativa, segundo confirmou o presidente Baltar, «levarase ao pleno da Corporación Provincial do presente mes de marzo para a súa aprobación, co obxectivo de axilizar os trámites e comezar canto antes a execución das obras».

Manuel Baltar considera clave a colaboración institucional que están mantendo ámbalas dúas administracións, provincial e autonómica, «en favor do futuro de Ourense e, sinaladamente, como é o caso, da infancia da nosa provincia, mellorando a calidade das instalacións e dos servizos nos centros educativos».

Na axenda de traballo de hoxe Baltar e Díaz Mouteira trataron tamén outros temas de cooperación interinstitucional referidos aos ámbitos cultural, económico, social e de servizos para a provincia de Ourense.

También te podría gustar...