Pinchos moteiros e concerto na Área Recreativa da Veiga, en San Xoán de Río

As piscinas de San Xoán de Río contarán con moito ambiente esta fin de semana.
 
 
 
O sábado 27 de agosto acollerán, na Área Recreativa da Veiga, a participantes da concentración de motos que organiza o Moto Clube A Curuxa de Quiroga. Será ás 13:00 h. para ofrecerlles uns pinchos tras unha ruta pola contorna con fin de traxecto en Quiroga para xantar ás 15:00 h.
 
Para o día seguinte, domingo 28, o mesmo recinto municipal de San Xoán de Río acollerá un concerto de música con moito humor. Chegan por primeira vez ao concello os «Carta de Ajuste», grupo de versións que ofrecerá o seu espectáculo «O mellor e o peor dos 80 e 90 en concerto».
 
Baixo o lema “O mellor e o peor dos 80 e 90 en concerto”, Carta de Ajuste articula un show no que comedia e música fusiónanse a partes iguais, buscando a complicidade e interacción do espectador en todo momento e atrapando a quen se achega nunha festa disparatada pero dentro dun orde.

Este dueto presenta unha formación pouco usual tendo en conta o repertorio que defenden. Unha guitarra española, unha caixa peruana e dúas voces confiren ás versións adaptadas un son peculiar e característico que sorprende, abordando dende un punto de vista diferente cancións que levamos escoitando toda a vida.

 

Autor: Xabier Piñeiro

 

También te podría gustar...