Pese ó éxito da campaña ‘Separemos ben. Reciclaremos mellor’, os barquenses pagarán mais de basuras
Pese ó éxito da campaña ‘Separemos ben. Reciclaremos mellor’, os barquenses pagarán mais de basuras, mellor dito, por que lles recollan as bolsas de basura que tiren ós contenedores.
A forma de que o recibo non subirra pasaba por acadar unha reducción do 25% do volumen de basura co reciclaxe que servese de contrapunto ó 33,5% de subida do recibo de Sogama, quen xestiona a recollida de basura neste concello. ó Non alcanzarse esa reducción, o recibo terá que subir.
As subidas dependerán do titular, sexa particular o empresa, e neste útlimo caso dependerá ademáis do tamaño das suas instalacións.
Ós particulares suponlle un incremento trimestral no recibo que non chega a 1,5 euros. Este aumenta no caso de comercios e empresas con cantidades entre 5-7 euros trimestrais.