Pendellos de Cadeiras: Sober inicia a segunda fase da reforma
- Supón un investimento de máis de 30.000 euros dos que o 80% é financiado por Turismo de Galicia e a parte restante polo Goberno local
O Concello de Sober vén de iniciar a segunda fase da reforma dos pendellos de Cadeiras. A primeira das fases realizouse o ano pasado.
A actuación supón un investimento de máis de 30.000 euros dos que o 80% é financiado por Turismo de Galicia e o 20% restante polo Goberno local.
Con estes traballo complétase a restauración dos tradicionais pendellos na contorna do santuario, onde cada mes de setembro se celebra un xantar coincidindo coa Festa na honra á Virxe de Cadeiras.
As obras
As obras supoñen renovar por completo a cuberta e a súa estrutura. Fanse ademais reformas nas paredes e nas columnas que soportan a propia cuberta. En dous días xa foi descuberto o tellado na súa totalidade.