Peche de estradas en Valdeorras: A Xunta recomenda extremar as precaucións ante as xeadas e a neve
Pola súa banda, a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas activou o pasado mes de novembro o Plan de Vialidade Invernal 2014-2015, que estará operativo ata o 30 de abril e implica un investimento de máis de 3 millóns de euros para manter a vialidade nas estradas galegas durante este inverno.
O Plan consta de 27 centros operativos, 61 puntos de abastecemento de fundentes -sal ou salmoira- e 70 vehículos, entre camións quitaneves e retroescavadoras cos elementos de estendido e retirada de neve ou xeo necesarios. Ademais, no operativo participa un equipo de preto de 500 persoas, entre técnicos e persoal de estradas, que se encargan tanto de medidas preventivas como paliativas, co fin de garantir a vialidade nas estradas e incrementar a seguridade en condicións adversas.