‘Pasión por el cabello’ presentará en Ourense os últimos avances no sector das perruquerías
- A Deputación de Ourense colabora coa gala da perruquería, que presentará en Ourense os últimos avances no sector
O vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández e a presidenta da Asociación de Empresarios de Perruquería e Salóns de Beleza de Ourense, Beatriz Gómez, presentaron onte a gala «Pasión por el cabello», que organiza a Deputación de Ourense e a asociación. Este evento, que se celebrará o domingo, 15 de maio, no Teatro Principal, ten como obxectivo dar a coñecer os últimos avances neste sector e contará coa presenza de Gonzalo Zarauza, un dos mellores perruqueiros de España e autor de libros e material didáctico no ámbito dos peiteados e a beleza.
Rosendo Fernández destacou o papel de cooperación que exerce o ente provincial naqueles eventos que son importantes para a provincia, e dixo ao respecto desta actividade que hai uns meses se celebrou o 135 aniversario de «Pasión por el cabello» en Berlín, e agora traémola a Ourense. Trátase dunha gran iniciativa dos perruqueiros, recompensada xa no ámbito galego e cun referente da profesión Gonzalo Zarauza».
Pola súa banda, Beatriz Gómez afirmou que esta gala «é unha iniciativa que ten unha gran acollida no ámbito profesional da perruquería e a estética en toda Galicia, moito máis este ano coa presenza de Gonzalo Zarauza».