Pantón pecha o entroido na Ribeira Sacra

  • Cun desfile que rematará na explanada das Bernardas

 

O Concello de Pantón organiza diferentes actividades para celebrar este entroido. Comezan, como é tradicional na Ribeira Sacra cos xoves de compadres e comadres. O día 17 celebrarase o xoves de compadres e unha semana despois o de comadres.

Xa o sábado, 5 de marzo, terá lugar o Desfile de Entroido que comezará ás 16.00h. na contorna do colexio Monte Baliño para percorrer as rúas de Ferreira e rematar na explanada das Bernardas.

Este ano non rematamos na Praza do Concello con chocolatada e reunión veciñal porque a normativa non permite aglomeracións, así que faremos o percorrido máis longo e permitindo espazo entre a xente. Só temos que comportarnos con responsabilidade mantendo distancias e usando máscaras de ser necesario

, sinala o alcalde, José Luis Álvarez.

As inscricións para participar no desfile deben de facerse ata o 4 de marzo ás 13:00 no edificio sociocultural. Establécense os seguintes premios para as tres categorías de adultos e de infantís:

Comparsas Adultos:

  • Grupos de 10 ou máis componentes (350€, 200€ e 150€)
  • Grupos entre 5 e 9 compoñentes (150€, 125€ e 100€)
  • Grupos entre 1 e 4 compoñentes (100€, 75€ e 50€)

Comparsas Infantís:

  • Grupos de 10 ou máis componentes (180€, 160€ e 150€)
  • Grupos entre 5 e 9 compoñentes (100€, 75€ e 50€)
  • Grupos entre 1 e 4 compoñentes (50€, 40€ e 20€)

O xurado estará composto por un representante de cada comparsa (que non desfilará) e unha persoa allea que exercerá voto de calidade en caso de empate. Valorarase a orixinalidade, a calidade e a simpatía dos disfraces.

Tódalas comparsas que presenten carroza recibirán 50€ e as de máis de 10 compoñentes recibirán 80€ non acumulables ao premio. Os premios daranse a coñecer ao remate do desfile e serán ingresados nas contas bancarias que corresponda.

También te podría gustar...