Pantón celebra un Nadal cargado de ilusión

  • Para os máis cativos/as da casa

 

O Concello de Pantón convoca dous concursos para este Nadal. Por unha banda, o Concurso de Beléns para o que hai prazo aberto de inscrición ata o día 22 deste mes. O concurso está aberto á participación de asociacións, familias e persoas a nivel individual do municipio.

Para inscribirse deben de acudir á casa da cultura en horario de 10.00 a 20.00 ou chamar por teléfono ao 982 45 63 77. Tamén aquí pódense inscribir ata o 22 de decembro as nenas e nenos interesadas/os en presentar os seus traballos ao Concurso de Postais de Nadal. As postais deben de incorporar nome, apelidos e idade da/do participante na parte posterior.

Non faltarán ao Nadal de Pantón, Papá Noel e os Reis Magos. No acceso á casa cultura, os/as nenos/as contan co Buzón no que deixar os seus desexos para este Nadal. Ademais o día 22 Papá Noel visitará Pantón, ás 11.30 comezará no Centro de Día para despois achegarse á escola intantil e posteriormente percorrer as rúas de Ferreira.

Os máis cativos seguen sendo protagonistas do Nadal de Pantón co comezo do 2023. Na xornada do día 5 celebrarase o Festival de Reis a partir das 18.00 na casa da cultura. Farase a entrega dos premios dos diferentes concursos e as súas maxestades recibirán ás nenas e nenos que se acheguen a pedirlles os seus agasallos, poderán gozar ademais doutras propostas lúdicas.

Despois destes dous anos tan difíciles queremos que este Nadal en Pantón veña cargado de ilusión, por iso animamos, sobre todo aos nenos e nenas a participar nas distintas actividades que temos preparadas para que poidan compartir en familia

,  convida o alcalde, José Luis Álvarez.

También te podría gustar...