OURENSEICCWEEK
A Semana das Industrias Culturais e Creativas en Ourense, é un encontro que se celebrará, en diferentes cidades e vilas da provincia de Ourense, entre os días 23 e 28 de Marzo do 2015.
ICCWEEK é moito máis que unha feira profesional. É un acontecemento transversal na cultura e industria creativa: Radio, Cine, Tv, Industria Músical, Novas Tendencias Tecnolóxicas, Apps, Video- xogos.
Speedmeetings, relatorios, charlas, entrevistas, showcases, vertebrarán un programa repleto de actividades que poñerán en valor a actividade económica dun sector clave na Europa do século 21.
Un punto de encontro para emprendedores e protagonistas creativos que encontarán na provincia de Ourense o marco perfecto para o co-working, a potenciación de negocios e apertura de novos mercados.
Visión
-
Posicionamento, promoción e difusión nacional da marca Ourense.
-
Exposición nacional de marcas, artistas, institucións e profesionais da escena empresarial local.
Obxetivos
-
Presentar Ourense como unha área economicamente atractiva e industrialmente ben dotada, con infraestruturas e comunicacións de primeiro nivel que reivindica o seu espazo na vangarda das novas tendencias profesionais.
-
Atraer expertos de diversos campos tecnolóxicos e marcas de referencia para fidelizar relacións e contactos profesionais.
-
Deseñar e desenvolver programas e accións que impliquen os cidadáns e empresas locais.
-
Transferir coñecemento a empresarios locais e abrir un espazo de debate en torno a novos negocios.
-
Dinamizar os espazos rurais e potenciar o valor das infraestruturas e o acervo cultural da provincia de Ourense.