Ourense, referente aeroespacial

  • Manuel Baltar: «Hoxe é un día grande para Ourense, que se sitúa como provincia referente no coñecemento aeroespacial»
  • Alberto Núñez Feijóo: «esta nova titulación converterá Ourense no vértice da formación e a captación de talento do polo aeronáutico galego»

0 0 0 0 MB e Enx Aeroesp

 

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, participou hoxe acto de presentación do grao de Enxeñaría Aeroespacial, que tivo lugar no Campus de Ourense. O presidente do goberno provincial afirmou que hoxe «é un día grande para Ourense, pois a nosa provincia sitúase como referente no coñecemento aeroespacial de España», e destacou que a Deputación de Ourense «sempre estivo co Campus, desde os seus inicios, coa cesión dos terreos para a súa construción, ata a actualidade, cos convenios anuais que financian diversas actuacións, sempre con Ourense como eixo principal, apoiando iniciativas como o «Campus da Auga», que camiña da man do goberno provincial no Plan Termal, nesta provincia líder en termalismo, e a partires de agora coa formación de enxeñeiros de vangarda nunha área tecnolóxica de última xeración». Neste sentido, Manuel Baltar subliñou que Ourense conta co Parque Tecnolóxico de Galicia, que alberga empresas como a que fabrica equipamento para modelos de aeronaves e para as compañías de aviación mais importantes do mundo».

«Este día marca un antes e un despois na historia académica e tecnolóxica da nosa provincia», destacou Manuel Baltar.

O acto de presentación contou, ademais do presidente da Deputación de Ourense, co presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijoo; o reitor da Universidade de Vigo, Salustiano Mato; o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, e o profesor Arno Formella, director temporal da Escola de Enxeñaría Aeroespacial, entre outras autoridades.

A Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia (ACSUG) emitiu hoxe o informe favorable definitivo que avala o plan de estudos e permite a incorporación deste título á oferta académica de Galicia para o vindeiro curso 2016-2017. Desta maneira, o primeiro curso terá 50 prazas e comezará a impartirse no vindeiro setembro no Campus de Ourense.

O grao de Enxeñaría Aeroespacial estrutúrase en catro anos con dous primeiros cursos de formación básica, a partir dos cales o alumno poderá elixir entre as especialidades de aeronaves ou materiais. O plan de estudos céntrase no coñecemento sobre construción e mecánica de aeronaves, e tamén sobre o desenvolvemento de I+D.

«Esta nova titulación dotará de músculo ao incipiente sector aeronáutico e aeroespacial galego», recalcou Salustiano Mato durante a presentación. Para facelo, indicou, o novo grao deseñouse «tendo en conta o tecido empresarial e produtivo galego e as súas necesidades». O título de Enxeñaría Aeroespacial, subliñou Salustiano Mato, «é unha aposta que facemos desde a Universidade de Vigo para toda Galicia», xa que será unha titulación única no Sistema Universitario Galego.

Para o tecido produtivo galego, apuntou Alberto Núñez Feijóo, «é un excelente noticia a que hoxe confirmamos» da posta en marcha do grao de Enxeñaría Aeroespacial en Ourense. No marco dunha «incipiente recuperación económica», o presidente da Xunta recalcou que un dos obxectivos do goberno é «fixar un novo sistema produtivo» para ser menos dependentes ante as crises económicas que poidan xurdir. Neste contexto, indicou, está a aposta polo despegue do sector aeronáutico-aeroespacial galego.

A posta en marcha do grao de Enxeñaría Aeroespacial, engadiu Jesús Vázquez, supón «un deses feitos que axudan a facer cidade e a unirnos». O alcalde de Ourense destacou «a aposta clara» que existe para a potenciación dun campus como o de Ourense a través do seu proxecto de especialización como Campus da Auga e agora coa implantación do grao de Enxeñaría Aeroespacial.

OURENSE 12,30 h.-   Alberto Núñez Feijóo acompañado polo conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, presidirá o acto de presentación do grao de Enxeñería Aeroespacial. No salón de actos da Delegación Territorial da Xunta (avda. da Habana, 79).  foto xoán crespo 19/04/16

OURENSE
12,30 h.- Alberto Núñez Feijóo acompañado polo conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, presidirá o acto de presentación do grao de Enxeñería Aeroespacial. No salón de actos da Delegación Territorial da Xunta (avda. da Habana, 79).
foto xoán crespo
19/04/16

También te podría gustar...