«Ourense líder», programa de bolsas a xóvenes para prácticas en empresas e organismos norteamericanos
- A Deputación de Ourense ultima un programa de bolsas a xóvenes para prácticas en empresas e organismos norteamericanos
- Deuno a coñecer onte Manuel Baltar na reunión que mantivo con directivos de empresas líderes en Ourense, continuación do encontro mantido hai meses en Cabeza de Manzaneda
- «Ourense líder» ten como obxectivo a formación de xóvenes emprendedores no ámbito do liderado profesional en sectores como Economía, Humanidades, Xornalismo, Administración e Ciencias Políticas, Dereito, Saúde e Relacións Internacionais
- O programa contemplaría unha estancia de cinco meses en Estados Unidos realizando prácticas profesionais en empresas pertencentes a Forbes 500, organizacións gubernamentais e institucións sen fins de lucro
A Deputación de Ourense en colaboración coa Fundación Advanced Leadership está ultimando un programa de bolsas internacionais que permitiría a xóvenes ourensáns realizar prácticas en empresas e organismos dos máis importantes do mundo, situados en Estados Unidos. Así o confirmou onte o presidente do goberno provincial, Manuel Baltar, na reunión que mantivo no Pazo Provincial con directivos de empresas ourensáns e representantes de entidades, mesmo o vicerreitor do Campus, líderes no seus sectores, encontro que supón a continuación do mantido meses atrás en Cabeza de Manzaneda e que ten como obxectivo «manter unha canle de cooperación permanente entre o goberno provincial e o empresariado ourensán para potenciar os principais sectores económicos da provincia de Ourense», explicou Manuel Baltar.
O programa de bolsas internacionais, denominado «Ourense líder», que expuxo na reunión o presidente provincial, pretende formar a xóvenes emprendedores no ámbito do liderado profesional en sectores como Economía, Humanidades, Xornalismo, Administración, Ciencias Políticas, Dereito, Saúde e Relacións Internacionais.
Esta iniciativa do goberno provincial contemplaría unha estancia de cinco meses en Estados Unidos realizando prácticas profesionais en empresas pertencentes a Forbes 500, organizacións gubernamentais e institucións sen fins de lucro.
Desenvolveríase entre agosto e decembro de 2016, contemplando o aloxamento dos participantes en residencias para xóvenes profesionais, con outros estudantes procedentes doutras partes do mundo, o que lles permitiría vivir nun ambiente multicultural e multinacional e achegarse a unha rede de contactos con futuros líderes doutros países. As prácticas profesionais estarían acompañadas de seminarios e cursos de liderado e integración cultural.
A Fundación Advancer Leadership é unha organización sen ánimo de lucro situada en Washington DC comprometida co desenvolvemento das competencias de liderado nos xóvenes. Conta cun consello de asesores entre os que se atopan Juan Verde, presidente; Michael Dukakis, Francisco Sánchez, Alan D. Solomont e Manuel Ortiz.