Ourense foi a provincia máis afectada con 1.108 hectáreas calcinadas e 457 lumes neste ano
A superficie afectada polos lumes na época de alto risco de 2014 en Galicia foi a menor dos últimos 25 anos, reducíndose nun 98% respecto á media deste período. Nembargantes temos o lastre de que foi a provincia de Ourense a máis afectada con 1.108 hectáreas calcinadas e 457 lumes, seguida de Lugo, con 454 hectáreas e 250 lumes e A Coruña, con 325 hectáreas afectadas e 319 lumes. A menos afectada en número de hectáreas foi Pontevedra con 114 hectáreas calcinadas e con 212 lumes.
Estos son os datos presentados onte que suliñou por provincias a titular de Medio Rural e Mar.
O número de lumes tamén é o máis baixo deste período descendendo nun 85%. Así o destacou a conselleira do Medio Rural e do Mar, Rosa Quintana, no Parlamento onde compareceu para dar conta dos resultados do funcionamento do Plan de Prevención e Defensa contra os Incendios Forestais de Galicia (PLADIGA) durante a época de alto risco.
Destacou que o número de lumes con respecto aos últimos cinco anos se reduciu nun 71%, pasando de 4.308 lumes por ano aos 1.238 deste ano. Esta cifra supón un descenso dun 79% con respecto á última década. En canto á media diaria de lumes explicou que a deste ano descendeu ata os 3,9 lumes, baixando un 75% con respecto á media alcanzada na última década e un 67% con respecto ao pasado lustro.