Ourense a provincia galega na que menos servizos prestou o 061 o longo do fin de semán
Ourense a provincia galega na que menos servizos prestou o 061 o longo do fin de semán.
Urxencias Sanitarias de Galicia-061 asistiu durante a fin de semana a un total de 76 persoas debido a 63 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas. O período contabilizado comprende dende as 15:00 horas do venres, 5 de setembro, ata as 23:59 horas do domingo, 7 de setembro. O maior número de atencións por sinistros rexistráronse o sábado con 28 accidentes.
A Central de Coordinación do 061, que xestiona e coordina os servizos prehospitalarios en casos de urxencia e emerxencia en toda Galicia, recibiu nestes días 77 chamadas en relación cos accidentes de tráfico. Estas alertas xeraron 63 asistencias sanitarias por parte do persoal do 061 que atenderon a un total de 76 persoas. A proporción de homes e mulleres atendidos foi do 52 e 48 por cento respectivamente. Nas idades dos feridos, obsérvase cun 40 por cento dos atendidos tiña entre os 20 e os 34 anos.
Provincia |
Accidentes |
A Coruña |
26 |
Lugo |
9 |
Ourense |
6 |
Pontevedra |
22 |
Galicia |
63 |
Os recursos sanitarios mobilizados polos médicos que atenderon as chamadas na central de coordinación do 061 foron 86. Así, a ambulancia medicalizada acudiu a sete sinistros, as ambulancias asistenciais mobilizáronse en 69 sinistros e os médicos de Atención Primaria que medicalizan as ambulancias asistenciais do 061, no caso de necesitalo, prestaron asistencia sanitaria en nove ocasións. As ambulancias concertadas rexistraron unha mobilización.
En 66 casos os feridos foron trasladados aos centros sanitarios correspondentes, en 10 ocasións foron atendidos no propio lugar do incidente sen necesitar traslado.