Os Xulgados de A Pobra de Trives contarán cunha caldera de biomasa
Os Xulgados de A Pobra de Trives contarán cunha caldera de biomasa. É unha iniciativa que se porá en marcha neste e outros catro concellos de Galicia cun investimento de preto de 200.000 euros e permitirá que as cinco sedes xudiciais aforren máis de 20.000 euros anuais en gasoil. É unha das actuacións previstas nas Estratexia Integral de Impulso da Biomasa 2014-2020, ca que o Goberno galego está a impulsar o emprego dun combustible autóctono, barato e menos contaminante.
A través deste plan estase a favorecer o incremento da demanda promovendo instalacións de equipos que, en comparación cos de gasóleo, serán aforros económicos de ata o 65%.
As caldeiras de Becerreá, Chantada e Pobra de Trives instaláronse o pasado venres, 17 de outubro, e está previsto que este martes recepcionense as obras dos xulgados de Ribeira e Tui.
Múltiples beneficiarios
Coa activación da Estratexia triplicarase o consumo de biomasa en Galicia ata o ano 2020. Así, so a través do programa de apoios deste ano, encamiñado a impulsar a implantación de novos caldeiras, implantaranse preto de 1.000 equipos en concellos, administración pública, familias e industria, obtendo importantes aforros económicos cun maior compromiso medio ambiental.
Non en van, a posta en marcha dunha caldeira de biomasa permite aforros económicos de ata un 65 por cento con respecto a unha de gasóleo, e dun 45 por cento con relación ao gas natural. Así, un equipo de biomasa diminúe en preto de 1.000 euros o gasto en combustible nunha economía familiar con respecto ao gasóleo, cifra que ascendería a case 13.000 euros no caso dun edificio do sector servizos que instale unha caldeira con capacidade de abastecer a súa demanda térmica, e a 130.000 euros nunha industria.
Co desenvolvemento desta estratexia, Galicia está a activar unha industria asociada á valorización enerxética da biomasa reducindo a dependencia enerxética dos derivados do petróleo, e aspirando a acadar un aforro económico anual de 70 millóns de euros. Neste contexto, e de cara a acadar a maior repercusión posible, impulsaranse iniciativas de sensibilización e difusión de coñecementos técnicos e boas prácticas entre os consumidores e outros axentes.