Os xabaríns arruinan a campaña de castaña en Viana, O Bolo, Vilariño de Conso, A Gudiña e A Mezquita, según Unións Agrarias

  • O sindicato pediu unha reunión co Servizo de Conservación da Natureza para abordar o problema e frear o impacto do xabarín nos soutos
Castañas danadas polo xabarín

Castañas danadas polo xabarín

 

Unións Agrarias afirma que está a constatar como os temores dos propietarios de soutos de castiñeiro da montaña ourensá, se está a converter en realidade, “pola falta de medidas que eviten que as manadas de xabarís famélicos se estean a botar sobre as castañas que están listas para a colleita estes días, ante a falta de belota nos montes este ano, que son o seu alimento habitual no outono”. 

O sindicato dí que hai unha loita diaria entre as familias que intentan colleitar a súas castañas, e as mandas de xabarís que durante a noite van comendo os froitos, segundo caen das árbores. Unións Agrarias alerta de que é unha volta máis de torca no proceso de descapitalización das persoas que habitan no rural, que ano a ano ven máis complicado seguir mantendo a súa forma e medios de vida, “ante a una política da Administración de deixar pasar os problemas sen lles facer fronte de xeito responsable e con propostas intelixentes, mentres o rural ourensán envellece e se despoboa”.

As perdas por unidade familiar estanse acumulando e poden superar as previsións iniciais que Unións Agrarias fixo ao inicio da campaña, de que estarían ao redor de 1.500 euros por unidade familiar, “cun fracaso xeral da campaña produtiva de non tomarse medidas”.

A fin de poñer en marcha estas medidas de xeito inmediato, Unións Agrarias  ven de solicitar unha xuntanza urxente no Servizo Provincial de Conservación da Natureza de Ourense, a que pediu que se convoquen aos responsables dos TECOR das zonas afectadas, nomeadamente Viana do Bolo, O Bolo, A Mezquita, A Gudiña e Vilariño de Conso, para que se comprometan conxuntamente medidas inmediatas para controlar os xabarís, e alexalos dos soutos dos castiñeiros durante as 3 ou 4 semanas que aínda quedan de campaña de recollida da castaña, e evitar así a debacle xeneralizada da campaña. 

“O urxente é poñer en marcha medidas inmediatas que permitan salvar o que queda da campaña, así como revisar o acceso dos produtores de castaña, ás axudas por indemnizacións por danos do xabarín, que lles permita compensar parte das perdas económicas acumuladas ata o momento”, conclúe Unións Agrarias.

 

Restos de castañas que estragou o xabarín

Restos de castañas que estragou o xabarín

 

 

También te podría gustar...