Os prestixiosos Odaiko Percussion Group no Lauro Olmo

  • Odaiko Percussion Group (OPG) é un dos grupos musicais de maior prestixio no panorama musical galego
  • O venres 1 de abril ás 21h ofrecerán no Teatro Lauro Olomo o seu concerto Vaia circo!
  • As entradas (5 euros) á venda desde unha hora antes na billeteira do Teatro

 

Odaiko Percussion Group

Odaiko Percussion Group (OPG) toma o seu nome do ODAIKO, un tambor tradicional xaponés. Con 1,2 metros de diámetro e 1,5 de profundidade, chegan a ser necesarias tres persoas para poder ser tocado.

Integrado por licenciados en percusión clásica, contemporánea e jazz o grupo fórmase en Holanda no ano 2003. A pesar de que xa nos coñecemos en Galicia, ata chegar a Holanda non contemplamos a posibilidade de tocarmos xuntos, primeiro como dúo, logo como trío e máis tarde como Odaiko Percussion Group.

A idea inicial de Odaiko nace a raíz das numerosascolaboracións dos seus compoñentes en festivais mundiais como o Steve Reich Festival (Holanda), Stok Leuven Contemporain Festival (Bélxica), Convención Internacional de Percusión de Taipei (Taiwán), “I am pulse” Manila Festival (Filipinas), Nancy Zeltsman Festival (EE.UU), etc.

A proposta artística deste grupo galego céntrase na exploración da música tradicional multiétnica, na súa variante percusiva, faceta pouco traballada pola dificultade que supón a diversidade técnico-musical.
Instrumentos en escena
Nos nosos espectáculos pódense atopar instrumentos de orixe oriental (odaikos, gongs, táboas) africanos (djembé, sabar, dum-dum) latinoamericanos (congas, bongos, maracas, caixón), galegos (bombo, pratos, tamboril, tarrañolas) e instrumentos de creación posterior como a marimba, vibráfono ou batería.

cropped-FOTO-CABECERA

 

Traxectoria

Odaiko Percussion Group estivo presente en festivais como Steve Reich Festival (Holanda), Holland Festival (Holanda), Zeltsman Marimba Festival (Appleton, EEUU), Junio Musical (Jalapa, México), Taipei International Percusión Convention (Taiwan), “I am pulse” Manila Festival (Filipinas), Leuven Contemporain Music Festival (Bélxica), Festival do Tambor (Hijar-Teruel), Festival Internacional de Folk (Getxo-Bilbao), Festival de Ortigueira (Galicia), Convención Nacional de Percusión (Badaxoz), Noite Branca (Madrid), Círculo de Bellas Artes (Madrid), Festival de Verán (Cabo de Gata, Almería), entre outros.
Cabe destacar no panorama autonómico o papel levado a cabo na Gala do día de Galicia 2008, producida pola TVG, e gravacións nas que participa con diferentes artistas da nosa comunidade no eido do folk e do clásico.
Ao longo da súa carreira os seus membros participan en proxectos como Ear Massage (Holanda), X. M. Budiño (Galicia), Nova Galega de Danza (Galicia), Cornelius 1960 (Galicia), Orquestra Nacional de Irlanda (Dublín), Concorde Ensemble (Dublín), Orquestra Sinfónica de Galicia (Galicia), Nuevo Contemporáneo (Zaragoza), etc
Odaiko é productor das súas músicas e espectáculos e representa a diferentes marcas de instrumentos como Meinl, Odaiko Mallets, Guzmán Percusión, California ou Concorde.
No campo didáctico, Odaiko realiza máis de 20 cursos por toda a xeografía nacional, destacando o curso MerzaPercusión, do que son directores, e que celebra no 2012 a súa sétima edición. Así mesmo son organizadores do FIP Galicia 2012 (Festival Internacional de Percusión).

Na actualidade, Odaiko está formado por Juan Collazo, Antonio Ocampo, Félix Rodríguez e Francisco Troncoso.

1866_346167598818281_1937873463_n1

 

También te podría gustar...