Os Maios terán premios de 50 a 250 euros en O Barco

  • Esta festa tradicional, o próximo 1 de maio,  prolongarase toda a xornada e incorpora por primeira vez os Arcos Florais
IMG_4715

Os Maios 2015

 

O Barco de Valdeorras celebrará Os Maios o próximo día 1 de maio con un amplio programa de actividades de mañá e tarde e un mercadiño de artesanía e produtos gastronómicos. Os actos darán comezo ás 11, 00 horas .

Esta festa tradicional incorpora este ano dúas novidades: a duración, que pasa a ser de todo o día, e a inclusión dos Arcos florais no concurso xunto as coplas e os Maios.

A xornada comezará cun percorrido dos Maios e Arcos Florais dende a Avenida Conde de Fenosa (á altura do Hospital) ata a Praza do Concello, onde transcorrerán os actos e serán instalados os postos de venda de produtos artesanais e gastronómicos. Os Maios e os Arcos florais permanecerán na praza ata que finalice a xornada.

A mañá estará amenizada polo grupo Os Bertolini. Ás 12,30 horas serán cantadas as coplas e presentarase o chamado Voto Aberto que patrocina o Centro Comercial Aberto e no que poderán participar todos os asistentes na elección do mellor Maio depositando o seu voto nunha urna instalada ao efecto.

Pola tarde a partires das 17,00 horas terá lugar para os máis pequenos “A música das árbores”, unha proposta de animación infantil e contacontos de Anxo Moure e Servando Barreiro.

Ás 18,30 horas a Agrupación Cultural Candaira de Castrelo do Val ofrecerá unha actuación das súas seccións de música, pandeireteiros e baile galego. A festa rematará coa entrega de premios, prevista para as 19h30, nas distintas modalidades (Coplas, Maios e Arcos florais) e tamén no Voto Aberto do Centro Comercial Aberto ao mellor Maio.

Os Maios 2015

Os Maios 2015

 

Os interesados en participar no concurso deberán inscribirse ata o día 30 de abril ás 12 horas no Servizo Municipal de Cultura (Teatro Lauro Olmo, rúa da Estación, 2. O Barco) cubrindo o modelo de solicitude que se lle facilitará. Tamén o poden solicitar por correo electrónico a cultura@concellodobarco.org

Os premios establecidos nas bases da convocatoria son para os Maios de 250 euros, o primeiro; 200, o segundo; 150, o terceiro e un accésit de 50 euros para cada un dos restantes presentados a concurso.

O premio previsto para as coplas é de 200 euros para cada unha das presentadas. No caso dos Arcos florais o premio único será un lote de libros.

O día dos Maior está organizado por a Concellería de Cultura e Educación en colaboración co Centro Comercial Aberto.

También te podría gustar...