Os maiores dos Centros Sociocomunitarios de Viana do Bolo, O Barco e Petín participan na campaña ‘A saúde bucodental non é cuestión de idade’

saúde bucodental(1)

 

Os maiores dos Centros Sociocomunitarios de Viana do Bolo, O Barco e Petín participan na campaña ‘A saúde bucodental non é cuestión de idade’.

Esta campaña lévase desenrolando dende o pasado mes de outubro e extenderase ata finais deste presente ano, sendo os centros sociocomunitarios de O Barco, Petín e Viana do Bolo, tres dos once centros nos que esta campaña vai ter presenza.

A actividade dirixida aos usuarios dos once centros sociocomunitarios da provincia consiste na realización dunhas charlas formativas, coas que os maiores aumentarán os seus coñecementos e habilidades relacionadas coa saúde bucodental na vida diaria e coa adquisición de hábitos de hixiene.

Os maiores de 65 anos manifestan ter peores hábitos no referente a hixiene bucal diaria e mesmo un 5,3% recoñece que non realiza ningún cepillado de dentes ao día. Ante estes datos e dado o envellecemento progresivo da poboación, a xefatura territorial de Sanidade, en colaboración coa xefatura territorial de Traballo e Benestar, decidiu organizar este programa co obxectivo de mellorar a saúde bucodental dos maiores da provincia ourensá.

saúde bucodental

También te podría gustar...