Os inscritos no I Trail e Andaina Trevinca-A Veiga recibirán un vale de 4 euros para gastar nos establecementos hostaleiros do municipio durante a xornada
- O Concello o regala coa finalidade de incentivar a economía local
O Concello de A Veiga albergará o vindeiro 03 de abril de 2016 o I Trail e Andaina Trevinca- A Veiga, correspondente ao II Campionato de Galicia de Trail. O Concello de A Veiga entregará a todos os inscritos na proba un vale por importe de 4,00 euros para consumir nos establecementos de hostalería do municipio durante toda a xornada.
A proba contará con tres percorridos con distintos perfís, para adaptarse as condicións de calquera persoa que queira participar: Trail Longo: 21,3 kilómetros; Trail Curto: 15,3 kilómetros, e Andaina:13,7 kilómetros.
Ás 10,00 horas da mañá dende a Praza do Toural sairán os andaríns e ás 11,00 horas comezarán os dous percorridos de trail. Rematará ás 13:30 coa entrega de trofeos.
A cota de inscrición é de 10 euros ata o día 28 de marzo e de 15,00, para os que se anoten do 28 ao 31 de marzo. A inscrición inclúe: a bolsa do corredor e os avituallamentos (un deles sólido). Para inscribirse e máis información: http://www.carreirasgalegas.com/ maria.jose.lopez.aveiga@eidolocal.es
A proba contará coa colaboración da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil da Veiga. O Concello anima a tódalas persoas afeccionadas a participar e desfrutar das paisaxes do municipio. O Coiñedo, a Cántara da Moura, Corzos, Baños e unhas vistas panorámicas do Encoro de Prada son algúns dos puntos que se poderán contemplar.