Os fisioterapeutas do HCV sacarán as padiolas á rúa

RC_HCV050615

 

Os fisioterapeutas do HCV sacarán as padiolas á rúa en protesta pola supresión de dúas prazas de fisioterapeutas no servizo de rehabilitación.

Así o manifestaron onte no comunicado que amosamos.

Os fisioterapeutas do Hospital Comarcal Valdeorras sacarán as padiolas á rúa e aplicarán tratamentos de fisioterapia gratis aos cidadáns o vindeiro xoves 18 de xuño ás 20h no Paseo do Malecón de O Barco​, para reclamar as 2 prazas de fisioterapeutas que se deixaron de contratar a 1 de Xuño e pola precaria situación deste servizo ante a pésima reorganización levada a cabo dende o CHUO.

Este acto contará co apoio do Colexio Oficial de Fisioterapeutas de Galicia e a Xunta de Persoal do HCV. Este colectivo non se opón a unha unificación do servizo que supoña un modelo de organización e xestión que fomente o aumento de recursos humanos e materiais para a atención terapéutica á poboación. En cambio, rexeitan unha unificación que se traduza en hacinamento e perda de recursos actuais, en referencia á pechadura parcial da unidade de electroterapia (pasando de usarse de 8h diarias a 3h) e á falta de reposición de maquinaria e material, considerando que isto non é optimizar recursos.

Tamén denuncian os contratos precarios do persoal, provocando queixas dos pacientes, pois durante o seu tratamento, cambian ata en 3 ocasións de fisioterapeuta (a destacar en caso de nenos). Consideran que a área de influenza do HCV abarca unha gran poboación, con gran dispersión xeográfica e moi envellecida (contando con numerosas residencias de anciáns), susceptibles en maior medida de tratamentos fisioterápicos.

Na actualidade existe unha lista de espera para tratamento de fisioterapia superior a 130 persoas, que aumentará previsiblemente coa reincorporación do médico rehabilitador, actualmente de baixa laboral dende fai varios meses, o que xustifica a gran necesidade destas 2 prazas de fisioterapia coas que contabamos dende fai máis dunha década.

También te podría gustar...