Os clientes do CCA ourensano do Couto poden escoller o seu comercio favorito e conseguir agasallos coa campaña Máis que comercio!
A directora xeral de Comercio, Sol Vázquez, presentou esta iniciativa coa que a Consellería de Economía e Industria busca reforzar o comercio de proximidade e impulsar as vendas. Os clientes dos establecementos asociados ao CCA poden elixir o seu negocio preferido durante todo o mes de setembro e optar a tarxetas regalo para mercar no comercio local. O comercio máis votado recibirá un recoñecemento público ao seu labor.
As persoas que merquen nos comercios asociados ao CCA recibirán durante todo o mes un cupón por cada 5 euros de compra, o que lles permitirá participar nun xogo en liña na web www.maisquecomercio.com. Nesta páxina, votando ao seu establecemento favorito, poderán optar a unha tarxeta regalo de 200 euros e dúas de 100 para mercar no comercio local. Ao remate do mes, o establecemento seleccionado polos clientes que participen na iniciativa, recibirá un recoñecemento público ao seu labor.