Os «Alumnos Starlight» apoiaron #YoEstrellaCervantes

  • OS ALUMNOS DO CURSO DE MONITORES STARLIGHT DO DESTINO TURÍSTICO STARLIGHT TREVINCA ÚNENSE Á INICIATIVA “YO ESTRELLA CERVANTES EN EL DÍA DEL CUMPLEAÑOS DEL ESCRITOR ”

O 29 de setembro é a data de nacemento de Miguel de Cervantes e ¿qué mellor agasallo que levar o seu nome ás estrelas?

A Unión Astronómica Internacional (IAU) ten en marcha un concurso mundial para votar cómo denominar a 20 novos sistemas planetarios descubertos nos últimos anos.

fbA Veiga Estrella Cervantes 1

A comunidade astronómica española fixouse na estrela Arae e os catro planetas que a orbitan e propón chamalos Cervantes (a estrella) e Quijote, Rocinante, Sancho e Dulcinea (ós planetas).

A votación está aberta a todo o mundo ata o 31 de outubro. Con Estrela Cervantes compiten otras seis propostas de diferentes países.

Estrella Cervantes é unha iniciativa do Planetario de Pamplona e a Sociedade Española de Astronomía, co apoio do Instituto Cervantes e a partir da proposta do Nodo Español da IAU-OAO.

fb A Veiga estrella Cervantes 2
*Maneiras de apoiar #YoEstrellaCervantes*
– Entrar a www.estrellacervantes.es <http://www.estrellacervantes.es> e seguir as instruccións para votar.

Co motivo da celebración do I Curso de Monitores Starlight Trevinca, tanto alumnos como ponentes únense a esta gran iniciativa manifestando o seu apoio ao proxecto “Estrella Cervantes” promovido pola Sociedade Española de Astronomía e polo Planetario de Pamplona.

Lembrar que o vindeiro sábado, 03 de outubro será a clausura do I Curso de Monitores Starlight Trevinca, coa última ponencia que será unha análise do DAFO elaborado, guiada por Antonia Varela. O remate será ás 12:00h na Biblioteca e Centro TIC.

También te podría gustar...