Os alumnos do Colexio Manuel Respino comezaron onte a mañá a reforestación da zona da Reza
Os alumnos rueses prantaron 30 exemplares de especies autóctonas de ribeira.
Os alumnos do colexio Manuel Respino da Rúa prantaron esta mañá 30 árbores na zona da reza, como primeiro paso para a reforestación desta parte da ribeira do Sil.
Dentro dos actos de celebración do Día Internacional dos Bosques que tivo lugar o pasado sábado, os nenos foron os encargados de colocar na marxe dereita do río tres decenas de bidueiras, abeleiras e freixos, especies moito máis apropiadas para zonas de ribeira que os chopos que foron talados hai unhas semanas debido o mal estado no que se atopaban os seus troncos.
Os costes destes traballos foron cubertos pola Consellería de Medio Rural e do Mar e pola Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia.