Os 92 concellos de Ourense beneficiaranse de preto de 6 millóns de euros para ampliación, mellora e mantemento de camiños
A conselleira do Medio Rural e do Mar, Rosa Quintana, e o presidente da Deputación Provincial de Ourense, José Manuel Baltar, asinaron esta mañá o convenio de colaboración para financiar as actuacións do Plan Marco programa de mellora de camiños de titularidade municipal 2014-2015, cofinanciado con fondos Feader no marco do PDR de Galicia 2014-2015.
A través deste convenio, os 92 concellos ourensáns beneficiaranse dun investimento de preto de 6 millóns de euros (en concreto 5.728.947 euros) para a ampliación, mellora e mantemento de camiños de titularidade municipal na provincia. Destes fondos, un total de 2.702.135 euros corresponden á anualidade de 2014 e os 3.026.812 euros restantes á anualidade de 2015.
O Plan Marco 2014-2015 é continuación do de 2013-2014. O seu obxectivo principal é mellorar as condicións de vida dos residentes nas áreas rurais, poñendo en valor as dotacións existentes de infraestruturas básicas, e levar a cabo actuacións dirixidas a fomentar a implantación e mellora dos servizos básicos demandados pola poboación rural.
O feito de que todos os concellos da nosa comunidade poidan dispor duns fondos preestablecidos para a mellora da súa rede viaria resulta fundamental despois dun inverno que provocou estragos nos camiños de titularidade municipal.
A través destes convenios, os concellos de Galicia beneficiaranse de máis de 25,5 millóns de euros para a ampliación, mellora e mantemento de camiños de titularidade municipal. Esta contía supón un incremento de máis do 82% respecto da do Plan Marco 2013-2014, que foi de preto de 14 millóns de euros.
Este incremento permitirá atender proxectos que melloren un maior número de camiños, o que repercute nunha mellora das condicións de vida dos residentes nas áreas rurais, poñendo en valor as dotacións existentes de infraestruturas básicas. Ademais, o Plan Marco 2014-2015, impulsado pola Consellería do Medio Rural e do Mar, inclúe como novidade que unha parte importante da cofinanciación será aportada polas deputacións provinciais. Deste xeito, abórdase o desenvolvemento rural dende unha perspectiva integral e refórzase a colaboración entre as administracións co obxectivo de pór en marcha actuacións que redunden na mellor prestación de servizos á poboación por parte dos concellos.
Os criterios de reparto para desenvolver o Plan Marco de Mellora de Camiños de Titularidade Municipal 2014-2015 foron consensuados entre a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader) e a Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp). Así, os concellos da provincia da Coruña recibirán máis de 8 millóns de euros, os de Lugo preto de 7 millóns, os de Ourense contarán con preto de 6 millóns de euros e os da provincia de Pontevedra con preto de 5 millóns de euros.
A nova cofinanciación do Plan Marco distribuirase de xeito que o 75% irá con cargo ao Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER), o MAGRAMA aportará un 12,13% dos fondos e a Xunta e as deputacións provinciais o 12,87% restante. Os concellos beneficiarios das achegas serán os encargados do pagamento do Imposto do Valor Engadido (IVE). Este reparto amosa a colaboración ordenada de todas as Administracións, baixo a coordinación da Xunta de Galicia. A vixencia destes convenios estenderase desde a data da súa sinatura ata o 31 de decembro de 2015.
Na seguinte táboa figuran os datos de asignación por concellos da provincia de Ourense:
CONCELLO |
IMPORTE |
Allariz |
78.527 € |
Amoeiro |
56.036 € |
Arnoia, A |
41.594 € |
Avión |
68.874 € |
Baltar |
55.413 € |
Bande |
74.141 € |
Baños de Molgas |
70.700 € |
Barbadás |
54.614 € |
Barco de Valdeorras, O |
62.087 € |
Beade |
47.362 € |
Beariz |
45.864 € |
Blancos, Os |
50.837 € |
Boborás |
76.395 € |
Bola, A |
56.305 € |
Bolo, O |
58.201 € |
Calvos de Randín |
56.056 € |
Carballeda de Valdeorras |
63.921 € |
Carballeda de Avia |
44.002 € |
Carballiño, O |
71.915 € |
Cartelle |
64.895 € |
Castrelo do Val |
61.190 € |
Castrelo de Miño |
62.521 € |
Castro Caldelas |
75.611 € |
Celanova |
79.637 € |
Cenlle |
47.082 € |
Coles |
63.302 € |
Cortegada |
44.910 € |
Cualedro |
74.485 € |
Chandrexa de Queixa |
65.673 € |
Entrimo |
46.545 € |
Esgos |
44.437 € |
Xinzo de Limia |
83.708 € |
Gomesende |
49.175 € |
Gudiña, A |
53.135 € |
Irixo, O |
89.471 € |
Xunqueira de Ambía |
66.647 € |
Xunqueira de Espadanedo |
46.215 € |
Larouco |
47.941 € |
Laza |
60.083 € |
Leiro |
50.330 € |
Lobeira |
63.549 € |
Lobios |
69.414 € |
Maceda |
89.371 € |
Manzaneda |
64.729 € |
Maside |
61.564 € |
Melón |
49.471 € |
Merca, A |
63.967 € |
Mezquita, A |
59.774 € |
Montederramo |
77.234 € |
Monterrei |
72.452 € |
Muíños |
74.570 € |
Nogueira de Ramuín |
68.756 € |
Oímbra |
55.934 € |
Ourense |
74.547 € |
Paderne de Allariz |
54.259 € |
Padrenda |
62.613 € |
Parada de Sil |
61.633 € |
Pereiro de Aguiar |
67.703 € |
Peroxa, A |
93.247 € |
Petín |
40.488 € |
Piñor |
64.851 € |
Porqueira |
52.767 € |
Pobra de Trives, A |
73.310 € |
Pontedeva |
39.856 € |
Punxín |
43.173 € |
Quintela de Leirado |
43.173 € |
Rairiz de Veiga |
73.061 € |
Ramirás |
59.376 € |
Ribadavia |
53.193 € |
San Xoán de Río |
71.336 € |
Riós |
75.535 € |
Rúa, A |
51.297 € |
Rubiá |
66.464 € |
San Amaro |
60.489 € |
San Cibrao das Viñas |
57.141 € |
San Cristovo de Cea |
87.252 € |
Sandiás |
56.401 € |
Sarreaus |
58.494 € |
Taboadela |
49.296 € |
Teixeira, A |
56.982 € |
Toén |
60.683 € |
Trasmiras |
60.421 € |
Veiga, A |
63.960 € |
Verea |
60.775 € |
Verín |
59.454 € |
Viana do Bolo |
95.951 € |
Vilamarín |
75.013 € |
Vilamartín de Valdeorras |
55.504 € |
Vilar de Barrio |
66.537 € |
Vilar de Santos |
54.221 € |
Vilardevós |
80.867 € |
Vilariño de Conso |
67.010 € |
TOTAL |
5.728.947 € |