Orzamentos de Monforte para 2023: máis de 15 millóns de euros
«Serán os máis sociais da historia»
- O Alcalde, José Tomé Roca, presentou na mañá de onte os Orzamentos Municipais para o ano 2023, que ascenden a 15.371.146,23€, máis de 15 millóns de euros, o que supón un incremento con respecto ó ano 2022 de case 500.000€ (en 2022 foi de 14.892.364,97€)
- O Alcalde salientou que “con estes datos, queda claro que estes orzamentos son os máis sociais da historia do Concello de Monforte, o que demostra que este Alcalde e este Equipo de Goberno temos unha preocupación máis social que nunca”
- “Son uns presupostos claramente sociais pensados para dar un mellor servizo a tódolos veciños de Monforte, e manteñen as liñas xerais de anos anteriores, porque Monforte evoluciona ben, nos que procuramos reducir o máximo o gasto corrente para atender outras áreas de gasto que para nos son prioritarias como son a atención as persoas, a mellora da cidade, o deporte, a cultura ou o medio ambiente”, destacou o Alcalde na súa intervención
- José Tomé tamén explicou que “estes orzamentos vannos permitir empezar a aplicar a RPT, que eu había comprometido na segunda lexislatura e que agora é unha realidade”. Neste senso, os orzamento de 2023 contemplan a aplicación do 34% do seu importe, quedando o resto, o 33% en cada caso, para o ano 2024 e 2025
- “Este Orzamento é froito do rigor e da boa xestión económica que dende o Equipo de Goberno vimos realizando dende que estamos ó fronte deste Concello”, destacou o rexedor municipal. “Repasando a historia recente dos gobernos municipais de Monforte, nunca houbo unha racha de 8 anos consecutivos aprobando o orzamento en tempo e forma para que entre en vigor a principios do ano seguinte. Isto demostra a nosa seriedade e a boa xestión que fai este Equipo de Goberno, porque desta forma os orzamentos entrarán en vigor a principios do ano 2023”
- Os orzamentos serán levados o día 28 de novembro a Pleno “no que esperamos que o resto dos grupos municipais tamén o apoien porque trátase dun orzamento que é bo para Monforte”, subliñou José Tomé
O Alcalde de Monforte de Lemos, José Tomé Roca, acompañado pola primeira Tenente de Alcalde, Gloria Prada, e o Concelleiro de Obras, Medio Rural e Servizos, José Luís Losada, deu a coñecer onte os Orzamentos Municipais para o ano 2023, “un orzamento que é froito do rigor e da boa xestión económica que dende o Equipo de Goberno vimos realizando dende que estamos ó fronte deste Concello, dende o ano 2015”.
“Non hai constancia na historia recente dos gobernos municipais do Concello de Monforte de Lemos, de que ningún Alcalde aprobara os orzamentos en tempo e forma durante 8 anos consecutivos, como si levamos facendo nós, para que os orzamentos entren en vigor a principios do ano entrante, neste caso o 2023.”, destacou o Alcalde.
Deste xeito, a previsión de ingresos e de gastos do orzamento para o ano 2023 é de 15.371.146,23 euros, máis de 15 millóns de euros, o que supón un incremento con respecto ó ano 2022 de case 500.000 € (en 2022 era 14.892.364,97€).
A previsión é de 478.781,25 € máis, con respecto ó ano 2022, un 3,21% máis, pero a realidade é o orzamento conta cun millón máis, xa que se lle debe sumar ese millón que está consignado para 2 proxectos concretos, que están pendentes de executar (500.000 euros dun convenio da Deputación para a Ponte do Malecón, e outros 500.000, que corresponden á subvención do Consello Superior de Deportes), e que polo tanto pasan a formar parte do orzamento deste exercicio. O que significa que a previsión orzamentaria para 2023 é de 16.371.146,23 euros, aínda que realmente no Pleno aprobaranse os 15.371.146,23 euros.
Ingresos
Os ingresos correspondentes á participación nos Tributos do Estado son 4.315.321,12 euros.
Os Fondos de Cooperación cos Concellos da Xunta de Galicia aumentan só en 29.150€, “o que segue evidenciando que o goberno neste caso do Sr. Rueda, outro ano máis, non ten intención de axudar a Monforte como se merece nin ós Concellos en xeral” subliñou o rexedor monfortino.
Neste senso, a Xunta incrementou o prezo hora deste servizo so en 50 céntimos de euro para o ano 2023, pasando de 11 a 11,50 euros. “E o Concello de Monforte segue a pagar este servizo moito máis caro. De feito, nestes orzamentos consignamos unha partida para facer fronte ó novo contrato do SAF e ó incremento de horas que decidimos solicitar á Xunta de Galicia para atender ós colectivos de grados 1 e 2, que se atopan na lista de agarda, debido a que son moitas persoas as que teñen recoñecida a dependencia en grado 3”.
Polo tanto, o importe consignado ó SAF ascende a 1.725.000€, que supón un incremento de 325.000€ máis que en 2022, que era de 1.400.000€, un 23.21% máis.
“Neste orzamento insisto, englobamos atender ó novo contrato do SAF que se asinará no seu momento, e atender ó incremento do número de horas que se solicitará para dar atención ós colectivos antes mencionados. Porque a nós si que nos interesan as persoas, que forman parte do noso compromiso de acción de goberno e, sobre todo, as persoas maiores” salientou José Tomé.
Os ingresos que merecen unha especial atención, debido a que todos eles mantéñense ou aumentan, segundo a previsión dos servizos económicos en base á execución de este ano, son os seguintes:
- A partida correspondente ó IBI mantense cun ingreso previsto de 4.250.000€, mantendo dende que chegamos ó Goberno, o mesmo gravamen que había cos anteriores, sen incrementar nada.
- A partida do imposto municipal de vehículos reflexa un incremento de 29.000€ que é consecuencia de adquisición de novos vehículos por parte da cidadanía.
- O ICIO experimenta un aumento considerable, por novas construcións e polo elevado incremento da rehabilitación de edificacións, que se traduce nunha suba ata 410.000€. En 2022 era de 140.000 euros.
Gastos: desglose por Capítulos
O Capítulo 1 corresponde ó persoal, e nelaumenta o gasto en 329.753,36 euros, un 7,10%, quedando a partida total en 4.973.303,20€, fronte ós 4.643.549,84€ de 2022.
O Alcalde explicou que “esta subida é debida á aplicación da Relación de Postos de Traballo (RPT), un compromiso que adquirín para a súa elaboración, e que se ve reflexado xa nestes orzamentos e que vai ser de aplicación no ano 2023, dende o mes de xaneiro”. En concreto, aplicarase o 34% do seu importe, máis ou menos, 136.000 euros, quedando o resto para anos sucesivos, 2024 e 2025, cun 32% cada ano.
Tamén se estipula neste capítulo a creación de novas prazas de traballadores para o Concello, necesarias para o bo funcionamento desta administración. Polo tanto, crearanse:
- Unha praza de auxiliar administrativo, que vai estar adscrito á Policía Local.
- Unha praza de auxiliar administrativo, que vai estar adscrito ó departamento de Urbanismo.
- Unha praza de auxiliar administrativo, que vai estar adscrito ó departamento de Intervención.
- Unha praza de auxiliar administrativo multiservizo, que operará en calquera área do Concello.
- Un xestor para a unidade de Rexistro.
- Dúas prazas de Policía Local.
- E consolídanse a 3 persoas que eran capataces-grumires, que foron estabilizados a través da RPT, por non existir na plantilla do Concello esta categoría, e que polo tanto non podían ser consolidados a través da Lei de Estabilización. Isto supón tamén un incremento no orzamento do persoal porque agora van ter unhas retribucións superiores ás que tiñan, porque pasan a ser operarios do Concello, en concreto, 2 no departamento de Cultura e 1 no de Medio Ambiente, percibindo as retribucións que lles corresponden para estas categorías.
“Isto demostra, como dicía antes, o meu compromiso como Alcalde e do meu Equipo de Goberno coa implantación da RPT para mellorar a todos os empregados públicos do Concello, e coa creación de emprego, todo elo co obxectivo de que os monfortinos e monfortinas reciban un mellor servizo do noso Concello, que ese é o noso obxectivo prioritario”.
No Capítulo 2, correspondente ó gasto corrente, increméntase en 390.548,51€, o que representa un incremento do 4.74%, debido principalmente á aportación de gasto para o SAF, para o incremento no lixo e para cubrir o incremento xeral que se da nos diferentes servizos prestados dende o Concello, como pode ser o incremento do prezo da enerxía. A partida total neste Capítulo 2 é de 8.623.398,39 euros, fronte os 8.232.849,88 euros de 2022.
No Capítulo 4, relativo a subvencións e transferencias, aumenta en 83.629,49 euros, o que significa un aumento do 7,97%, debido a que o Equipo de Goberno incrementa subvencións en deportes, en festas das parroquias, etc. Así, a partida total para este capítulo 4 é de 1.132.814,12 euros, fronte ós 1.049.184,63€ de 2022.
O Capítulo 6, “recolle unhas inversións para o ano 2023 por importe de 610.000 euros, máis o millón de euros que falabamos antes. Vamos seguir facendo inversións como vimos facendo todos estes anos, ben sexa de xeito directo, ou complementando con fondos xestionados doutras administracións, van servir para seguir a folla de ruta do Equipo de Goberno durante o ano 2023”.
No Capítulo 7, referente a transferencias de capital a administracións, redúcese con respecto ó ano anterior porque a aportación ó convenio de verquidos que se tiña coa Hidrográfica Miño-Sil e a Deputación de Lugo xa se liquidou neste ano 2022.
Isto supón que o Concello en 2022 ten que aportar neste capítulo 15.099,18 euros a este Capítulo 7, fronte os 80.680,63 euros de 2022, o que supón un descenso do 81,29%, é dicir, 65.581,45 euros menos que en 2022, o cal é positivo, porque temos pagado o que nos corresponde do convenio.
En resumo, o orzamento do Concello de Monforte para 2023 ascende a 15.371.146,23 euros, case 500.000 euros máis, un 3,21% máis que en 2022, incorporando as inversións comprometidas e que están en execución.
Débeda cero
O Alcalde continuou a súa intervención salientando un dato “que para nós e moi relevante e que non pode deixarse de mencionar, e é que este Concello continúa con DÉBEDA CERO, e a pesar disto, temos un nivel de investimento moi alto para poder financiar as obras que vimos realizando en melloras urbanas, melloras no rural, melloras nos parques, melloras no saneamento, melloras no alumeado ou melloras no Polígono Industrial, entre moitos outros proxectos”.
“Polo tanto, os monfortinos e monfortinas empezaremos o ano 2023, tal e como fixemos no ano 2022, libres de débedas no Concello, sendo un dos poucos concellos de España onde os seus cidadáns non teñen débeda pública. Este Orzamento é froito do rigor e da boa xestión económica que dende o Equipo de Goberno vimos realizando dende que estamos ó fronte deste Concello, dende hai máis de 7 anos”.
Outros aspectos significativos dos Orzamentos
Cabe destacar que nos Orzamentos Municipais para o 2023, “é importante dicir que conxelamos as taxas e impostos, e que non hai ningunha subida a excepción daqueles servizos que están suxeitos a contrato, e que teñen cláusula de actualización do IPC, como o lixo ou a auga” explicou o Alcalde.
Séguese mantendo a redución da taxa do Cemiterio nun 50%, o que resulta moi positivo sobre todo para as persoas maiores, que son as que maioritariamente teñen ó seu nome os nichos, e polo tanto son as que maioritariamente pagan a taxa do Cemiterio.
O gasto social para o ano 2023 correspondente a Axuda a domicilio (SAF) ascende a 1.725.000€, que supón un incremento de 325.000€ máis que en 2022, que era de 1.400.000€, un 23.21% máis.
Aumenta o Equipo de Goberno a partida de emerxencias sociais nun 17,64%, pasando de 51.000 euros en 2022 a 60.000 euros en 2023, “porque somos conscientes do que supón o aumento da inflación nos fogares onde se ven involucrados sobre todo persoas maiores e nenos”.
Sube a partida de eficiencia enerxética pasando de 15.000 euros en 2022 a 25.000 euros en 2023, un 66,65% máis, “debido como todos saben, ó aumento dos prezos do carburante e da tarifa eléctrica, para dar cobertura ós mesmos convertidos que mencionei anteriormente”.
Incrementase a aportación ó programa Xantar na Casa, pasando de 14.247,20 euros a 22.484 euros, 8.236,80 euros máis, un 57,80% máis, del tal xeito que o Concello pasa a atender de 25 a 35 persoas.
“A partida deste programa é importante porque moitos maiores poden seguir mantendo nos seus fogares unha alimentación saudable e sen esforzo. E ademais, damos cobertura total á lista de agarda que tiñamos neste programa”.
Tamén se sigue mantendo a partida correspondente ás actividades que se desenvolvan no Centro Cívico e nas distintas parroquias, a través do Plan Activa, con 90.000 euros, que se concretan nas 6 actividades demandadas polo 90% dos usuarios, e que se van a desenvolver durante un período máis amplo, dende outubro de 2022 a xuño de 2023.
“Insisto na importancia deste Plan Activa, porque foi este Equipo de Goberno quen o puxo en marcha, e que tras o parón da pandemia, volveu con forza e foi retomado con moitas ganas. Moita xente nos felicita por telo recuperado este ano tras a Covid”, subliñou José Tomé.
Mantense tamén a partida correspondente á adquisición de libros de texto, con 25.000 euros, co obxectivo de atender ás necesidades de familias con nenos e nenas que non poden adquirir o material escolar necesario para a súa actividade educativa.
Tamén, séguense mantendo as axudas destinadas ó bus para estudantes universitarios e de ciclos formativos en 25.000 euros. Con esta maior dotación, axudamos a sufragar os gastos das viaxes dos nosos estudantes fora da cidade. A partida do servizo de bus escolar tamén se mantén en 25.000 euros.
O importe destinado á Gardería municipal mantense en 145.952,76 euros, para que a partir de setembro sexa gratis para as familias, “algo que sufraga máis ou menos nun 95% este Concello, á espera de que a Xunta resolva a subvención que destina a este fin, para acabar de completar o resto da axuda e que sexa gratuíta”.
Incluíese unha partida de 15.000 euros, 3.000 máis que en 2022, un 25% máis, para adquisición de mobiliario e instrumentos musicais para o Conservatorio municipal de música Mestre Ibáñez, dando así continuidade á inversión que comezamos en 2022 neste centro, todo elo en beneficio dos seus alumnos e dos profesores que imparten as clases.
Do mesmo xeito, mantense a partida destinada a asociacións sociais, en 12.000 euros, para axudarlles nas súas actividades.
“Con estes datos, queda claro que estes orzamentos son os máis sociais da historia do Concello de Monforte, o que demostra que este Alcalde e este Equipo de Goberno temos unha preocupación máis social que nunca, que queda explicitada nestes orzamentos, que é onde hai que demostralo aportando recursos.
Por outra banda, consolídase o importe para a creación neta de emprego que leven a cabo as empresas e os autónomos. Esta contía é de 30.000 euros, que xunto coas importantes bonificacións incorporadas por este Alcalde no ICIO, IBI e IAE para a creación de emprego, demostran o compromiso do Equipo de Goberno co emprego.
En Deportes, incrementanse as axudas en 4.187,50 euros para clubs, pasando de 110.852,50 euros en 2022 a 115.040 euros en 2023, o que representa un incremento de 3,77%. “Mantemos, polo tanto, o compromiso cos clubs, co deporte de base, coa actividade física e saudable, e cos deportistas individuais”.
Neste apartado, incrementase a partida para deportistas individuais, pasando de 7.000 a 10.000 euros (un 42.85% máis), así como a subvención para a participación en campionatos de España, europeos ou mundiais, creada neste ano 2022 con 10.000 euros, e que pasa a 12.000 euros en 2023, un 20% máis.
En concreto, as subvencións nominativas que o Concello destina a entidades deportivas son as seguintes, incrementando as cantidades para algúns clubs:
-CLUB XIMNASIA RÍTMICA QUICELA……………………….3.500 €
-CLUB NATACIÓN MONFORTE………………………………8.000 €
-A.D. A GÁNDARA……………………………………………….2.500 €
-SOCIEDADE VAL DE LEMOS CAZA E PESCA……………..1.500 €
-CLUB BALONCESTO VAL DE LEMOS………………………7.500 €
-CLUB TAEKWONDO NEKA MONFORTE…………………..3.000 €
-CLUB LEMOS……………………………………………………17.500 €
-CLUB QUIXÓS……………………………………………………5.500 €
-C.P. CALASANCIO……………………………………………..15.700 €
-A.D. PONTE VELLA……………………………………………..1.000 €
-CLUB PESCA MONFORTE…………………………………….1.100 €
-ASOC. DEPORTIVA SOC. RÍO CABE………………………..1.700 €
-A.D. COLEXO FERROVIARIO…………………………………1.000 €
-A.D. ESCOLAPIOS…………………………………………….1.000 €
-A.D. TORRE DE LEMOS……………………………………..1.000 €
-CLUB FLUVIAL…………………………………………………1.000 €
-A.D. VETERÁNS……………………………………………….1.600 €
-A.D. CASTELAO……………………………………………….1.300 €
-CLUB DE FUTBOL MONFORTE……………………………9.000 €
-SOC. COLOMBÓFILA AIRES DE LEMOS…………………..450 €
-CLUB BILLAR TEMPLARIOS………………………………….540 €
-CLUB DE TENIS CUATRO VIENTOS………………………..550 €
-C.V RIBEIRA SACRA MONFORTE………………………10.500 €
-CASTELO BIKE CLUB………………………………………..1.000 €
-C.C. TORRE SAN VICENTE MONFORTE………………..1.000 €
-CLUB CICLISTA MONFORTE……………………………….1.000 €
-CLUB KORBIS………………………………………………….9.000 €
-CLUB DE TIRO OLIMPICO RIO CABE……………………….500 €
-CLUB DE PESCA RIO CABE………………………………….1.100 €
-CLUB XIMNASIA RÍTMICA QUENDRA…………………..3.500 €
-A.D.C. MONTE FORTE……………………………………….1.500 €
Na área de Cultura, aumenta o orzamento debido a que se incrementan os gastos para a Feira Medieval e do Festival do Viño. En concreto pasamos de 125.000 euros en 2022 a 185.000 euros en 2023, o que supón 60.000 euros de incremento, un 48%.
O Alcalde segue apostando con forza polas Festas Patronais, cun orzamento de 300.000 euros, que se incrementarán si fose necesario.
Habilítase unha partida de 30.000€ para a promoción turística por actividades que ser van a realizar mediante actos militares, en concreto un concerto dunha banda militar e unha xura de bandeira civil.
Asígnase unha partida de 3.643,92€ para contribuír á restauración dun cadro do Cardeal Rodrigo de Castro, que se atopa no Colexio de Nosa Señora da Antiga.
Mantense a partida de premios, na área de Cultura, en relación ó Entroido e á Feira Medieval, con 18.000 euros para este 2023, co obxectivo de potenciar a participacións dos colexios, das asociacións e dos cidadáns nestes eventos, e que non se perda así a tradición de participar neles.
Con respecto ó alumeado de Nadal, en 2023 tamén se aumentan ata 70.000€.
Para investimentos na Biblioteca Municipal destínanse 32.000 euros, para a compra de libros e mobiliario, e para reformar as súas instalacións.
En canto as subvencións para as festas das parroquias, mantense a partida en 20.000 euros, que serán repartidos proporcionalmente entre as parroquias existentes.
Polo que respecta a outras entidades, mantéñense as axudas nominativas que se veñen concedendo, incrementando algunhas axudas, como a do CCU, apostando polo desenvolvemento do comercio local.
Neste apartado destínase as seguintes axudas:
-CCU………………………………………………12.000 €
-CLARISAS………………………………………. 3.000 €
-NAUFRAGOS DO PARADISO……………… 4.000 €
-FANCINE DE LEMOS…………………………. 5.000 €
-CINE CLUB A CALEXA……………………….. 1.500 €
-MUSEO DO FERROCARRIL………………… 8.000 €
-CARITAS …………………………………………..5.000 €
-CRUZ VERMELLA………………………………2.000 €
-ASC. PRACEIROS……………………………… 2.000 €
-ASOC. HOSTALEIROS……………………….. 2.500 €
-MUSEO CASA DAS MUÑECAS.…………….2.000 €
-RALLY DAKAR……………………………………..5.000 €
– CORAL DE RENFE……………………………….1.500 €
-CARUDE ROCK…………………………………….4.000 €
“En definitiva”, concluíu o Alcalde, “son uns bos orzamentos que manteñen as liñas xerais de anos anteriores, porque Monforte evoluciona ben, procurando reducir o máximo o gasto corrente non prioritario para atender outras áreas de gasto que para nos son prioritarias como son a atención as persoas, a mellora da cidade, o deporte, a cultura ou o medio ambiente”.
“Como se pode ver, son uns presupostos claramente sociais pensados para dar un mellor servizo a tódolos veciños de Monforte, e por todo isto, esperamos que o resto dos grupos municipais tamén apoien co seu voto este orzamento que levaremos o Pleno do vindeiro luns 28 de novembro, un orzamento que é bo para Monforte.”
CADRO RESUMO ORZAMENTOS MONFORTE 2023
CAPÍTULO 1 | CAPÍTULO 2 | CAPÍTULO 3 | CAPÍTULO 4 | CAPÍTULO 6 | CAPÍTULO 7 | CAPÍTULO 8 | |
ORZ 2023 | 4.971.834,54 | 8.623.398,39 | 12.000,00 | 1.132.814,12 | 610.000,00 | 15.099,18 | 6.000,00
|
ORZ 2022
|
4.643.549,83 | 8.232.849,87 | 9.000,00 | 1.049.184,63 | 871.100,00 | 80.680,63 | 6.000,00 |
DIFERENCIA | +328.284,70 | +390.548,52 | +3.000,00 | +83.629,49 | -261.100,00 | -65.581,45 | 0,00 |
|
+7,07% | +4,74% | +33,33% | +7,97% | -29,97% | -81,29% | 0,00% |
Orzamento 2022: 14.892.364,97 euros.
Orzamento 2023: 15.371.146,23 euros. (+3,21%, +478.781,25 €)